Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/35).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Pazo de Longora a C.T. Urbanización Bastiagueiro.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al:-De 1.507 m de lonxitude, coa orixe en cela do C.T. Urbanización Longora nº 2, e final en cela que se vai instalar en C.T. Urbanización Bastiagueiro.-De 202 m de lonxitude, coa orixe en cela do C.T. Urbanización Bastiagueiro en esquina rúa dos Niños con avda. Che Guevara. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña