Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003 pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, do contrato de servicios para a organización da campaña Entre nós, en galego.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado faise público:

1. Obxecto: organización e realización das actividades da campaña promocional Entre nós, en galego, que se levará a cabo na Comunidade Autónoma durante o ano 2003.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso e trámite de urxencia.

3. Orzamento: 200.013 A, IVE incluído.

4. Garantía provisional: 4.000,26 A.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 8 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 13 horas do quinto día natural seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de ofertas, en días e horas hábiles de oficina, no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2321

http://www.xunta.es/edu.xunta.es/dxpl

9. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística