Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se citan os aspirantes para a realización do acto de lectura da memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O número 7 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) e do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que por acordo do tribunal central, que será publicado no Diario Oficial de Galicia, citaranse os aspirantes para a realización do acto de lectura da memoria que, en todo caso, deberá ser pública, iniciándose por aqueles dos que o primeiro apelido comece polas letras T e S, respectivamente, polo que, facultada expresamente esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que realizaron os pasados días 9 e 16 de marzo de 2003, a memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas citadas

ordes, para a realización do acto de lectura desta no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, de conformidade coa seguinte distribución:

-Médico de familia de atención primaria: día 22 de abril de 2003, ás 16.30 horas, de María del Carmen Taboada Mella, a María Tato Fontaíña.

-Técnico de saúde de atención primaria: día 10 de abril de 2003, ás 16 horas, de Ramón Vizoso Villares, a Alejandro Luis Iglesias Díaz.

-Médico de admisión e documentación clínica: día 21 de abril de 2003, ás 16 horas, de María Olga Sánchez Meizoso, a Fernando María Varela Noreña.

-Médico de urxencias hospitalarias: día 9 de abril de 2003, ás 9 horas, de Emil Sabbagh Hannun, a Marina Sánchez Seijas; e ás 16 horas, de Ana María Seijas Torre, a Clara Soto Arias.

Segundo.-O chamamento para a lectura pública deste exercicio é único e será excluído do proceso selectivo quen non compareza. Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte.

Os sucesivos chamamentos de aspirantes realizaranse a través do taboleiro de anuncios da devandita sede, e deberán levarse a cabo cunha antelación mínima de 12 horas.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde