Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003 pola que se engade un novo parágrafo no punto 7 da Resolución do 25 de xuño de 2001, pola que se convocan proban selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica mediante promoción interna e acceso libre.

Co fin de poder chamar para unha contratación temporal os candidatos que conforman a lista de técnicos medios (tipo D), confeccionada de acordo coa convocatoria de referencia, unha vez esgotada

a lista de técnicos medios (tipo A), confeccionada de acordo coa mesma convocatoria.

RESOLVO:

Engadir un novo parágrafo no punto 7 da Resolución do 25 de xuño de 2001, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Igape mediante promoción interna e acceso libre (DOG nº 127, do luns 2 de xullo de 2001), co seguinte teor literal:

Para a contratación de técnicos medios con carácter temporal, na que non sexa necesaria unha titulación específica, esgotada a lista confeccionada para as prazas de técnicos medios (tipo A) poderase utiliza-la lista de técnicos medios (tipo D), xa que aínda que son listaxes confeccionadas para prazas diferentes, o persoal incluído nesta lista cumpre os requisitos establecidos para ocupar calquera posto técnico no que non se requira unha titulación específica.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica