Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.035

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2003 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de dúas prazas de operadores da rede de comunicacións vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Sendo urxente a provisión dos postos de operadores da rede de comunicacións, números 27 e 28 da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servicios, publicada por Resolución do 8 de agosto de 2000, e aprobado pola Xunta de Goberno o sistema de selección de concurso-oposición para a súa provisión, segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), así como nos estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setem

bro) e modificados por decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e co obxecto de atende-las necesidades da rede de comunicacións,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir dúas prazas de operadores da rede de comunicacións, grupo III, de acordo coa seguinte distribución: unha praza polo sistema xeral de acceso libre e unha praza polo sistema de promoción interna. As vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás de acceso libre. Os aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo modelo que figura como anexo IV. Á instancia acompañarase fotocopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, rúa da Mestranza, s/n, CP 15001) e Ferrol (Vicerrectorado do Campus, Doutor Vázquez Cabrera, s/n, CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

1.2. Os aspirantes pola quenda libre deberán xustifica-lo pagamento na conta corrente número 0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións; Banco Santander Central-Hispano da Coruña, da cantidade de 27 euros por dereitos de inscrición. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso, a súa falta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude ante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade

da Coruña, referida á data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade, poderán indicalo no recadro número 14 da instancia e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar na súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión dunha titulación de FP de 2º grao ou equivalente, ou en condicións de obtela na data que remate o prazo de presentación das solicitudes.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública

2.2. Na quenda de promoción interna poderán participa-los traballadores laborais fixos da universidade que pertenzan a categoría distinta á das prazas obxecto de provisión e que dispoñan da titulación ou formación que os habilite para o desenvolvemento profesional das prazas ofertadas.

2.3. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar destes durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador destas establecerá, para as persoas con minusvalidez que o tivesen demandado na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se lle suscitaran dúbidas ó tribunal respecto da capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de operadores da rede de comunicacións, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, declarando aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da Universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo o rector dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 10.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III desta convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que considere necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

6.5. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade da Coruña (rúa Mestranza, sen número).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución rectoral que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación desta convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

7.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

8.1. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

8.2. O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29 de xullo), polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase con apto ou non apto, sendo necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten, mediante fotocopia compulsada, estar en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira, establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non presentar esta documentación non poderán ser declarados exentos e deberán, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

9. Lista de aprobados.

9.1. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

9.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol e no lugar ou lugares de realización do exercicio, así como naqueloutros que estime oportuno, a puntuación obtida polos aspirantes neste, así como, de se-lo caso, a de cada unha das probas que o compoñan.

Posteriormente, o tribunal fará pública, neses mesmos lugares, a relación definitiva de aprobados para cada un dos sistemas de acceso, que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas, na que constará o nome e a puntuación dos aspirantes que, acadando a puntuación mínima esixida para supera-los exercicios da fase de oposición, obtiveran a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I. Os opositores que non estean incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non apto para tódolos efectos, único extremo respecto do que o tribunal poderá certificar.

9.3. O tribunal remitiralle ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final, con proposta de que se lles formalice o correspondente contrato de traballo.

10. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

10.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que inhabilite no seu Estado o acceso á función pública.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

10.2. Formalizados debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán contratados como operadores da rede de comunicacións.

Os seleccionados pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes.

10.3. O período de proba será de tres meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade teñan desempeñado funcións de operadores da rede de comunicacións na Universidade da Coruña.

Segundo.-Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) e ós estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro) e modificados por decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e as bases desta convocatoria.

Terceiro.-Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 18 de febreiro de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Operadores da rede de comunicacións

Procedemento de selección

Fase de oposición.

A) Exercicios.

A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios, todos eles obrigatorios para os aspirantes da quenda libre. Os aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos do exercicio de galego.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar un cuestionario de, alomenos, 60 preguntas con respostas múltiples, entre as que só unha será correcta, baseado no contido que para este exercicio se fixa no programa nos módulos I e II.

Os aspirantes terán un prazo de alomenos setenta e cinco minutos para a realización do exercicio e a súa valoración será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para ter acceso ó exercicio seguinte.

Segundo exercicio: consistirá na realización de dous supostos prácticos específicos, elixidos de entre catro propostos polo tribunal relacionados coa parte específica do programa, módulo III.

Os aspirantes terán un prazo de alomenos dúas horas para resolve-los supostos.

A cualificación do exercicio será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para ter acceso ó seguinte exercicio.

Terceiro exercicio: consistirá na traducción, sen diccionario, de dous textos propostos polo tribunal, un do galego ó español e outro do español ó galego e a súa valoración será de 0 a 10 puntos. Este exercicio non terá carácter eliminatorio.

B) Valoración da fase de oposición:

a) Quenda de acceso libre: a cualificación final da fase de oposición obterase da seguinte forma: (0,3 x nota 1º exerc. + 0,6 x nota 2º exerc. + 0,1 x nota 3º exerc.) x 8, polo que terá un valor máximo de 80 puntos.

b) Quenda de promoción interna: a cualificación final da fase de oposición obterase da seguinte forma: (0,3 x nota 1º exerc. + 0,7 x nota 2º exerc.) x 8, polo que terá un valor máximo de 80 puntos.

Fase de concurso.

Nesta fase valóranse:

Os servicios prestados na Universidade da Coruña como operadores da rede de comunicacións, en réxime de contrato temporal, a razón de 0,40 puntos por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 20 puntos.

Sistema de puntuación.

A cualificación final das probas, que como máximo será de 100 puntos, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. En caso de empate dentro de cada epígrafe, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de concurso, se isto non fose suficiente á maior puntuación obtida no segundo exercicio, se isto non fose suficiente no primeiro exercicio. Se persistise o empate, este dirimiríase pola orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose a antedita orde pola letra á que se refire a base 7.3 desta convocatoria.

ANEXO II

Operadores da rede de comunicacións

Programa das probas

Módulo I. Lexislación.

1. A Universidade da Coruña. Estructura. Órganos de Goberno: centros, departamentos, institutos, servicios. Rector, vicerrectores, secretario xeral, xeren

te, decanos, directores, outros órganos unipersoais. Consello Social, Claustro, Consello de Goberno, xuntas de centro, consellos de departamento e institutos.

2. O persoal docente e investigador: clases e réxime xurídico do profesorado universitario.

3. O persoal de administración e servicios: clases e réxime xurídico do persoal de administración e servicios.

4. O estudio e a investigación na Universidade da Coruña: estudios de 1º e 2º ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao. A organización da investigación. Contratos, convenios e cursos de especialización.

5. Lexislación informática e de comunicacións: dereito á intimidade. Lei de protección de datos de carácter persoal. Disposicións, principios e dereitos. A axencia de protección de datos. A protección xurídica do software. Lei xeral de telecomunicacións.

Módulo II. Fundamentos.

1. Concepto de Informática. Sistemas informáticos. Arquitectura de ordenadores. Programas.

2. Microinformática. Arquitectura do PC. Instalación e configuración de dispositivos hardware. Unidade central de proceso, memorias, dispositivos de almacenamento, periféricos, ...

3. Redes de telecomunicacións: tipos de redes e servicios de telecomunicación.

4. Redes de datos: Tipos de redes. Clasificacións. Modelos de referencia OSI. Tipos de servicios.

5. O nivel físico. Medios de transmisión.

6. Conceptos de conmutación, transmisión e sinalización.

7. Sistemas de cableado estructurado. Medios físicos de transmisión. Tipos de cableado. Sistemas corporativos de cableado estructurado. Repartidores de telefonía.

8. Rede Telefónica Convencional e RDSI. Puntos de terminación, terminais e servicios.

9. Centrais privadas de telefonía. Conceptos, funcionamento e servicios.

10. Protocolos de redes públicas de datos. X25, Frame Relay, RDSI, RTC, circuítos E1.

11. Protocolo ATM. Conceptos básicos. LANE. LAN virtuais.

12. Redes locais. Control de acceso ó medio. Protocolo Ethernet.

Módulo III. Parte específica.

1. Sistema operativo Unix. Conceptos e comandos básicos.

2. Sistemas operativos Microsoft: Windows98, NT, 2000. Compoñentes principais. Instalación, operación e mantemento. Arquitectura de redes Microsoft. Xestión remota de equipos de usuario.

3. Ofimática. Instalación e configuración. Integración de aplicacións. Soporte de usuario.

4. Protocolos da Internet. IP, ICMP, UDP, TCP, HTML. Subdireccionamento. Routers, hubs, conmutadores. Operación e mantemento.

5. Conmutadores LAN. Funcións e protocolos. O ES-3810 de Fore Systems. O Cajun P330 de Avaya. Configuración, operación e mantemento.

6. Operación do sistema de xestión de rede HP Openview. Protocolo SNMP.

7. Sistemas de información. Conceptos, capas de funcionamento. Netscape, Internet Explorer. Sistemas de correo electrónico. Programas de usuario de correo electrónico.

8. Instalación e administración de redes microinformáticas. Arquitectura cliente-servidor. Compartición de recursos.

9. Servicios e prestacións dunha central de telefonía privada. Servicios de valor engadido para os usuarios. Tipos de extensións. Servicios posibles ós usuarios.

10. Redes de telefonía corporativas. Servicio Centrex.

11. Sistemas de videoconferencia H320 e H323. Conceptos básicos.

12. A rede de comunicacións da UDC.

ANEXO III

Operadores da rede de comunicacións

Tribunal cualificador

Titulares:

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

Vocais:

Jesús Cardenal Carro, profesor titular de universidade.

Javier Fariñas Alvariño, analista da rede de comunicacións.

Rogelio Lage Vázquez, representante dos traballadores.

Mª Josefa Padín García, representante dos traballadores.

Suplentes:

Presidente: Rosa Mª Fernández Esteller, vicerrectora de Innovación Tecnolóxica da Universidade da Coruña

Vocais:

Manuel José Posse Fernández, analista da rede de comunicacións.

Rosa Mª Reinoso Justo, analista responsable de Sistemas dos Servicios Informáticos de Xestión.

Mª José Grueiro Maroño, representante dos traballadores.

Salvador J. Peña Díaz, representante dos traballadores.