Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa da obra que a seguir se relaciona:

Alargamento, beirarrúas e servicios na travesía de Andeiro, parroquia de San Martiño, concello de Cambre (CIP 1708).

Orzamento: 218.939,38 euros, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 66 do 21 de marzo do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no departamento de Contratación, no primeiro andar da Casa do Concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 21 de marzo de 2003.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente alcalde