Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, traslados desde o servicio de urxencias a domicilio e traslados a outros hospitais ou servicios concertados do Servicio Galego de Saúde do Hospital Comarcal de Monforte.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta. Teléfono 981 54 27 78, fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, traslados desde o servicio de urxencias a domicilio e traslados a outros hospitais ou servicios concertados do Sergas do Hospital Comarcal de Monforte.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo previsto de cento noventa mil euros (190.000 euros).

5. Fianzas e garantías: garantía definitiva por importe de sete mil seiscentos euros (7.600 euros).

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido nos puntos 10 e 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. A) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

B) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas 2-1 do Sergas (2ª planta), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de pre

sentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos