Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 21 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de concesión de axudas de renda para o inicio da actividade do expediente administrativo FM 341D 2001/1602-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas de renda para o inicio de actividade do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 1-2-2001 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 341D 2001/1602-5.

Orde da convocatoria: 1 de febreiro de 2001 (DOG nº 28, do 8 de febreiro).

Interesado: Octavio Font Vázquez.

Enderezo: Xílgaro, 12-2º C-36205-Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude con data do 1-10-2002, ó abeiro da Orde do 1-2-2001.

Parte dispositiva da resolución

ACORDA:

1. Conceder a Octavio Font Vázquez, a axuda para o emprego autónomo na contía e polo concepto que a continuación se indica:

-Subvención en concepto da renda para o inicio de actividade por un importe de 3.606,07 euros

2. O pagamento desta axuda ou subvención queda condicionado á presentación por parte da beneficiaria, por duplicado exemplar e un deles orixinal ou fotocopia compulsada, no prazo de dez días hábiles contados desde a notificación da presente cédula, da seguinte documentación:

-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social

-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración complementaria e actualizada de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este proxecto, ou de se-lo caso, declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (artigo 7).

De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase, segundo o caso, a revocación total ou parcial da axuda concedida (artigo 9 e 10 da orde de convocatoria).

3. Así mesmo, lémbraselle á/ó beneficiaria/o do necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación, recollidas no artigo 8 da orde de convocatoria.

Notifíqueselles esta resolución ó interesado, facéndolles saber que pon fin a vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 1 de outubro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 21 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra