Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 863/2002.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, logo da resolución nesta delegación provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 863/2002.

Acta infracción nº 1610/2002.

Empresa: Hostelerías Garfrei, S.C.

NIF/DNI: G-15821069.

Enderezo: avda. Souto Vizoso, 6 (Narón).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

Con data do 16-7-2002 visitouse a empresa da referencia, entregándose citación ó responsable para que con data do 19-7-2002 presente determinada documentación, entre ela a avaliación inicial de riscos laborais. Na data sinalada non comparece nin achega documentación. Cítase novamente a empresa mediante acta de obstrucción para achega-la documentación solicitada o día 18-9-2002. A empresa non achega nin xustifica a elaboración da avaliación de riscos.

Vulnéranse os artigos 5.2º do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995 e artigos 3, 4, 5 e 6 do R.D. 39/1997.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.1º e 39 e 40, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 13 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña