Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 379/2000 e 849/2002.

Ó non ser atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5-12-2001).

Expediente nº: 379/2000.

Acta nº: 577/2000.

Titular: Construcciones Asusoco, S.L.

NIF/DNI: B-15574767.

Enderezo: Sanjurjo Carricarte, 24 (Culleredo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 31-1-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.503,13 A.

Feitos: con data do 26-2-1999 tivo lugar o accidente de traballo de Julio Pérez García na obra de construcción sita en Esteiro (Pontedeume), motivo polo que se cita á empresa, ó traballador accidentado e ás testemuñas para clarificar este.

Da investigación dedúcese que o accidente (derrubamento dun piar que motivou a caída dunha estada), tivo lugar por non adopta-la empresa as medidas preventivas axeitadas para protexe-los traballadores.

Vulnéranse os artigos 14 e 45 da Lei 31/1995; artigos 4.2º d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995 e puntos 2 do anexo IV parte A e punto 11 do anexo IV parte C do Real decreto 1627/1997.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 47.16 b), f) e 49, respectivamente, da Lei 31/1995, do 8 de novembro (normativa aplicable no momento de cometerse a infracción).

Expediente: 849/2002.

Acta nº: 1603/2002.

Titular: Mundo Novias, S.L.

NIF/DNI: B-36701829.

Enderezo: rúa Real, 9 baixo (A Coruña).

Materia: traballo.

Data resolución: 7-2-2003.

Resolución: sanción por importe de 300,52 A.

Feitos: efectúanse comprobacións administrativas á contratación da traballadora María Angeles Rodríguez Galán por parte da empresa de referencia. Compróbase que se contratou sucesivamente a traballadora utilizando modalidades contractuais de duración determinada, sen solución de continuidade e sen causa que o xustifique.

Vulnéranse o artigo 15 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 7.2º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña