Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión de data trinta e un de xaneiro de dous mil tres adotou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle da avda. Vigo, Camiño Caíña, promovido polas mercantís Promociones Moimenta, S.L. e Proimnorte, S.L., segundo documentación redactada polo arquitecto Arsenio

Piñeiro Santos e Visado Colexial de 23-11-2002, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que estime pertinente.

Cangas, 18 de marzo de 2003.

José Enrique Sotelo Vilar

Alcalde