Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/84).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.A.

Domicilio social: Príncipe de Vergara, nº 187, Madrid.

Denominación: ampliación posición de liña 132 kV Pena da Loba en subestación Tesouro.

Situación: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Características técnicas: ampliación da posición de liña 132 kV Pena da Loba en subestación Tesouro consistente en:

-Cinco seccionadores trifásicos: de liña con posta a terra, de by pass, de illamentos e dous motorizados de barras I e II, de 2.000 A.

-Interruptor automático de 145 kV e 3.150 A.

-Catro transformadores de intensidade.

-Aparellaxe para protección, sinalización, telemando e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña