Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/44).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. subestación San Marcos-Urbanización Antiga Cross.

Situación: Oleiros, Cambre e Culleredo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV, de 3.215 m de lonxitude, coa orixe en celda existente na subestación de San Marcos e que discorrendo por viais dos concellos de Cambre, Oleiros e Culleredo chega a Urbanización Antiga Cross, no C.T. nº 3, despois de pasar polos C.T. nº 1 e C.T. nº 2, todos a instalar.

Centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón nº 1, 2 e 3 de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Urbanización Antiga Cross. Concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña