Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.941

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 21 de marzo de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP e de cursos dirixidos a ocupados, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 2003.

Polo Decreto 69/1993, do 10 de marzo, a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servicios transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional.

O Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia establece que esta estará integrada, entre outros departamentos, pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Así mesmo, o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia establece que a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais se estructura en seis órganos superiores, entre os que está a Dirección Xeral de Formación e Colocación, que na anterior estructura orgánica exercía, entre outras funcións, as relativas á formación profesional ocupacional; o Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a concesión de axudas e subvencións se axustará ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, en aplicación do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario

de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ós que se axusta esta disposición.

O Regulamento (CE) nº 1784/1999, do 12 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ó Fondo Social Europeo, polo que se aproban as disposicións de aplicación relativas ó Fondo Social Europeo, sinala que o fondo apoiará e complementará as actividades dos estados membros destinadas ó desenvolvemento do mercado de traballo e dos recursos humanos, entre outras, nas políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral. Así mesmo, o Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da comisión, regula a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación.

Por outra banda, no eixo 43, medida 2 do Programa Operativo para Galicia, o Fondo Social Europeo establece como obxectivos a mellora da cualificación profesional dos traballadores ocupados e a capacidade de adaptación dos traballadores e empresas ós cambios do sistema productivo.

O obxecto desta orde é a regulación das accións formativas de carácter experimental e complementario respecto do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Neste sentido, a regulación

do Plan FIP, que conta cun catálogo preestablecido de especialidades homologadas, pode deixar sen atender especialidades formativas de especial interese, tanto desde o punto de vista do colectivo que atenden como dos sectores productivos ós que se dirixen. É, así mesmo, obxecto desta orde a regulación da impartición de especialidades incluídas no Ficheiro de Especialidades do Inem, exclusivamente para o programa II-a dirixido a traballadores ocupados.

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo ós créditos dos programas 14.03.241B 440.0 (323.459 A), 14.03.241B 470.0 (342.424 A), 14.03.241B 472.0 (949.472 A), 14.03.241B 480.0 (782.557 A) e 14.03.241B.482.0 (1.802.443 A) que figuran na Lei 6/2002, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003, e que constitúe o importe global máximo que se destina para estas subvencións.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Galego de Formación Profesional, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP, así como daquelas especialidades incluídas no ficheiro do Inem (programa II-a), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, correspondentes ó exercicio de 2003, xestionadas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde, agás as reguladas no artigo 2.I-a (compromisos de contratación), realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2º.-Accións subvencionables.

A tipoloxía das accións formativas reguladas nesta orde, que se dividirán en dous programas independentes entre si, un dirixido a parados e outro a ocupados, é a seguinte:

Programa I. Accións formativas dirixidas a desempregados inscritos no Servicio Público de Emprego, que se agrupan en tres subprogramas:

I-a) Proxectos formativos con compromiso de contratación dos alumnos que, polas súas especiais características, non se axusten ós requisitos esixidos no Plan FIP. As entidades incluídas neste punto deberán comprometerse a contratar polo menos o 60% do número de alumnos para os que se aprobou a acción formativa, por un período mínimo de seis

meses a xornada completa, ou tempo equivalente se a contratación non é a xornada completa. No caso de que o proxecto formativo se dirixa exclusivamente a colectivos desfavorecidos: persoas con discapacidade, parados de longa duración, maiores de 40 anos que leven máis dun ano en paro ou desempregados que accedan ó primeiro emprego, a esixencia de contratación poderá reducirse ó 40%. A contratación en calquera dos casos deberá producirse antes do 28 de febreiro de 2004, e o seu tempo mínimo computarase exclusivamente nos 12 meses seguintes á data do primeiro contrato.

I-b) Cursos de posgrao e cursos organizados por escolas de especialización profesional das universidades galegas, así como daquelas entidades expresamente vinculadas á relación universidade/empresa, dirixidos á mellora da empregabilidade dos titulados universitarios, que teñan carácter ocupacional e sexan útiles para a mellora da inserción laboral dos posgraduados.

I-c) Accións de carácter experimental que non teñan cabida no Plan FIP e que melloren a empregabilidade dos destinatarios, sempre que haxa expectativas razoables de inserción laboral dos alumnos participantes e as accións que se realicen sexan preferentemente as relativas ós novos filóns de emprego (calidade, ambiente e novas tecnoloxías da comunicación).

Programa II. Accións dirixidas a ocupados, que se agrupan en tres subprogramas:

II-a) Accións formativas referidas unicamente ás especialidades formativas incluídas no Ficheiro de especialidades do Instituto Nacional de Emprego (Inem).

II-b) Plans de formación formulados polos conglomerados industriais ou clústers constituídos no ámbito da Comunidade Autónoma; organismos sectoriais e paritarios, e outras organizacións empresariais e sindicais representativas no ámbito sectorial ou territorial.

II-c) Plans de empresas, individualmente consideradas, que presenten accións formativas que poidan considerarse de carácter estratéxico e/ou de carácter experimental.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Tódalas entidades solicitantes de accións formativas reguladas nesta orde, agás as incluídas no programa II-a por tratarse de centros homologados, deberán achegar no momento de formula-la súa solicitude, xunto co resto da documentación esixida, licencia municipal de apertura do local ou locais onde se vaia desenvolve-la acción solicitada.

2. Poderán ser beneficiarios das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados no artigo 2º desta orde:

Subprograma I-a: empresas ou grupos de empresas e entidades sen ánimo de lucro.

Subprograma I-b: as universidades galegas, así como entidades expresamente vinculadas á relación universidade/empresa.

Subprograma I-c: empresas públicas ou privadas e entidades sen ánimo de lucro.

Subprograma II-a: os centros incluídos no censo de centros colaboradores da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que teñan homologadas as especialidades solicitadas.

Subprograma II-b: conglomerados industriais ou clústers constituídos no ámbito da Comunidade Autónoma; organismos sectoriais e paritarios, e outras organizacións empresariais e sindicais representativas no ámbito sectorial ou territorial.

Subprograma II-c: empresas individualmente consideradas e/ou entidades sen ánimo de lucro.

Artigo 4º.-Axudas.

1. Programas I, II-b e II-c.

Tódalas accións formativas incluídas nestes programas serán obxecto de subvención para compensa-los custos derivados da súa execución na proporción e contía que se determine nesta orde, sempre que se trate de gastos elixibles e que se xustifiquen de acordo co establecido neste orde e no resto de normativa de aplicación.

2. Programa II-a.

a) As accións formativas incluídas neste programa serán obxecto de subvención para compensa-los custos derivados da súa execución, e cada unha delas constará de dous módulos:

A: custos aboables de profesorado e titores.

B: resto dos custos aboables do curso.

A cada un destes módulos fixaráselle un importe máximo; a suma deles constitúe o importe total do curso.

b) O importe dos módulos que se aplicarán a cada curso recóllese no anexo III desta orde.

c) O importe das subvencións concretarase no producto de horas do curso polo número de alumnos e polo importe dos módulos que lle correspondan ó propio curso. O importe do módulo B calcularase en función da media de alumnos que teña o curso no seu primeiro cuarto.

3. Nas accións formativas dirixidas especificamente a alumnos discapacitados incrementarase o importe dos módulos na seguinte porcentaxe: 57% para o módulo A e 13% no módulo B co obxecto de financia-lo persoal de apoio e a adaptación curricular ou do material didáctico que sexa necesario para garanti-la adquisición de competencias por parte destes alumnos.

4. O cobramento destas subvencións será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública da mesma natureza e para a mesma acción.

Artigo 5º.-Custos subvencionables.

1. Programas I, II-b e II-c.

a) De acordo co que se establece no Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da comisión das comunidades europeas, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (CE) ás axudas á formación, e sen prexuízo do establecido no Regula

mento (CE) nº 1685/2000, do 28 de xullo, da comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1260/1999, do Consello, no relativo ó financiamento de gastos de operacións cofinanciadas polos fondos estructurais, serán subvencionables os seguintes gastos:

-Custos do persoal docente.

-Os gastos de desprazamento dos beneficiarios da formación, tendo en conta que para o cálculo do seu importe se tomarán como base as axudas ós alumnos recollidas na normativa do Plan FIP. Estes gastos poderán imputarse exclusivamente nos cursos dirixidos a desempregados e a entidade impartidora terá a obriga de compensa-los gastos por este concepto a tódolos alumnos que xustifiquen documentalmente que foron efectivamente realizados. Nas accións dirixidas a ocupados unicamente serán subvencionables os gastos de transporte necesarios para a realización de viaxes didácticas previstas no programa formativo ou as que sexan apreciadas como necesarias e autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Formación e Colocación. Este tipo de gasto será financiable así mesmo no suposto de alumnos desempregados.

-Outros gastos correntes tales como materiais e subministracións. Poderanse incluír neste punto o conxunto de gastos non directamente vinculados ó obxecto último pero indispensables para imparti-la acción formativa, como gastos de limpeza, auga, electricidade, teléfono, combustibles.. Poderán incluírse, así mesmo, os gastos de alugueres, tanto de instalacións como de maquinaria.

-A amortización dos instrumentos e equipos en proporción á súa utilización exclusiva para o proxecto de formación de que se trate.

-Os custos dos servicios de asesoría en relación coa acción de formación. Poden imputarse neste punto os gastos de asesoría legal como informes xurídicos ou consultas xurídicas; gastos de notaría e rexistros; gastos de asesoramento técnico tales como informes técnicos, peritaxes e taxacións; gastos de asesoramento financeiro como consultoría financeira.

b) Os custos subvencionables deberán ir acompañados de probas documentais, que deberán ser transparentes e detalladas.

2. Programa II-a.

2.1. Poderanse imputar como custos aboables ou subvencionables correspondentes ó módulo A os gastos de profesorado, que comprenderán os soldos ou honorarios do persoal docente, contratado fixo ou eventual ou o prezo do servicio externo docente. Poderanse incluír tamén os custos de preparación, seguimento, control da actividade docente e os gastos de Seguridade Social por conta do centro colaborador cando contratase os profesores por conta allea, coa obriga da súa afiliación e/ou alta na Seguridade Social.

2.2. Poderanse imputar como custos aboables ou subvencionables correspondentes ó módulo B os seguintes gastos:

a) Gastos de seguros de accidentes dos alumnos e, se é o caso, o importe da póliza de responsa

bilidade civil para facer fronte ós riscos que poidan derivarse da realización de actividades relacionadas co curso para os bens e as persoas.

b) Gastos de medios e materiais didácticos, como textos e materiais dun só uso polo alumno e os materiais de traballo funxibles utilizados durante as actividades de formación.

c) Gastos de amortización de instalacións, equipos e maquinaria, de duración superior a un exercicio anual. En ningún caso os gastos de amortización dos bens, que terán unha relación directa coa actividade docente da entidade, poderán superar unha imputación do 25 por 100 do módulo B.

d) Gastos de enerxía eléctrica, de combustibles, así como de mantemento das instalacións e equipamentos formativos.

e) Gastos xerais, que comprenderán os seguintes conceptos, que deberán te-la súa orixe na actividade do curso: seguros; comunicacións; gastos de persoal directivo e administrativo estrictamente necesario; gastos de transporte necesarios para a realización de viaxes didácticas previstas no programa formativo ou as que sexan apreciadas como necesarias e autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Formación e Colocación. Neste caso tamén poderá incluírse o importe das entradas para alumnos e profesores, pero non a manutención durante as visitas; gastos de limpeza do lugar ou lugares de impartición do curso: aulas, talleres e elementos comúns; gastos de publicidade do curso necesarios para a incorporación dos alumnos, de conformidade co establecido nesta disposición ou na súa normativa de desenvolvemento, para a execución dos cursos aprobados dentro do Plan FIP.

f) Gastos de alugueres de instalacións e de maquinaria.

Artigo 6º.-Contía das axudas e subvencións.

1. Programas I, II-b e II-c.

O importe das axudas recollidas nestes programas non poderá exceder dos límites establecidos no Regulamento (CE) número 68/2001, do 12 de xaneiro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación. Estes límites estableceranse, de acordo co establecido no artigo 4 do citado regulamento, segundo se trate de grandes, medianas ou pequenas empresas, e se a formación impartida ten carácter xeral ou específico. A valoración das solicitudes e a determinación da contía da subvención fixaraa a comisión de valoración, de acordo cos criterios establecidos polo FSE. Na resolución de concesión especificarase a porcentaxe que se subvenciona, en función dos criterios citados anteriormente.

2. Programa II-a.

Os importes das axudas deste programa serán os establecidos pola normativa do Plan FIP.

3. Valoración económica das accións formativas:

-Programa I: aplicaranse por analoxía os módulos económicos do Plan FIP, en función das especialidades formativas e das familias profesionais ás que se asimilen as accións formativas solicitadas.

-Programa II-a: aplicaranse directamente os módulos económicos do Plan FIP.

-Programas II-b e II-c: para a valoración económica o módulo máximo que se aplicará será 7 A/hora/alumno.

4. Os beneficiarios de tódolos programas regulados nesta orde (agás o II-a) poderán subcontratar, por unha soa vez, a realización das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, tendo en conta que a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución da acción formativa. Ademais, os subcontratistas deberán facilitarlles ós organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas.

Artigo 7º.-Obrigas das entidades colaboradoras.

As entidades beneficiarias das axudas deberán:

1. Requirir de cada alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada curso:

-Copia compulsada do DNI.

-Ficha individual.

-Documentación acreditativa de ter dereito á percepción das bolsas e axudas, se é o caso.

2. Remitirlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación e á delegación provincial correspondente:

a) Como mínimo cinco días antes do inicio do curso:

-As datas de inicio e remate e o horario de impartición.

-A planificación temporal dos módulos do curso.

-O enderezo completo do lugar de impartición.

-A relación dos docentes.

-A identificación do persoal de dirección, seguimento e control da actividade docente, exclusivamente no programa II-a.

b) O día de inicio de cada curso:

-Certificación xustificativa do seu comezo e, se é o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no punto anterior.

3. Programa II-a: remiti-lo resto da documentación necesaria para a impartición e xestión do curso no tempo e forma que se establece na Resolución do 16 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Resto dos programas: enviarlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación:

a) Dentro dos 10 días seguintes ó inicio da acción formativa, a seguinte documentación orixinal ou fotocopia compulsada:

-Relación nominal dos alumnos, especificando o número do DNI.

-Copia compulsada dos seus DNI.

-Fichas SIFO de inicio en soporte informático.

-Ficha individual de cada alumno.

-Copia da póliza de seguros contratado co xustificante do seu aboamento, se é o caso.

A entidade impartidora arquivará unha copia desta documentación separadamente por cada acción formativa.

b) Mensualmente:

-Fichas de incidencias, en soporte informático.

-Fotocopia do parte de asistencia.

5. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo do curso temporizado por módulos, os dereitos e deberes dos alumnos e dos centros colaboradores, así como a relación dos docentes e o horario do curso. No anuncio farase referencia expresa ós organismos cofinanciadores do curso.

6. Aboarlles mensualmente ós alumnos as axudas ás que teñan dereito, así como ós profesores a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade impartidora non percibise os anticipos previstos nesta orde.

7. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acorda-los servicios competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, tanto no relativo ó desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa.

8. Contratar un seguro de accidentes para os alumnos, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento do curso, como os do traxecto ó lugar de impartición das clases e das prácticas. A súa duración abranguerá estrictamente o período do curso, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restricción nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente para as accións formativas de carácter presencial dirixidas a desempregados ou nas dirixidas a traballadores ocupados cando a acción formativa se desenvolva fóra da propia empresa.

A cobertura mínima deste seguro será a seguinte:

-En caso de morte: 30.000 A.

-En caso de invalidez permanente: 42.000 A.

-Asistencia médico farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

9. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas co curso, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que poidan derivarse da súa realización para os bens e as persoas.

10. Velar por que tódolos alumnos dun curso reciban a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

11. Comunicarlles ás delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente á execución dos cursos programados, no prazo de cinco días desde que se produza.

12. Solicitarlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación, con cinco días de antelación, auto

rización para realizar calquera modificación no desenvolvemento dos cursos.

13. Acepta-las modificacións que, se é o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

14. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

15. Incluír en toda a documentación relativa ó curso o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).

16. Informar ós alumnos do cofinanciamento dos cursos por parte do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos.

17. Financia-los gastos que excedan dos límites da intensidade permitida no Regulamento (CE) 68/2001, do 12 de xaneiro, da comisión, cando sexa de aplicación.

Artigo 8º.-Incumprimento de obrigas e reintegro.

1. Cando se produza incumprimento de calquera das obrigas previstas nesta orde ou se dea calquera dos supostos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, procederá o reintegro total ou parcial da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados na citada lei.

2. Nos proxectos formativos con compromiso de contratación regulados no artigo 2º desta orde (subprograma I-a), a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, transcorridos 12 meses desde a contratación dos alumnos, comprobará se o nivel de inserción laboral se corresponde co acreditado na liquidación da subvención, esixindo, en caso contrario, a devolución proporcional da subvención indebidamente percibida.

Artigo 9º.-Pagamento e liquidación das subvencións.

A) Documentación para presentar.

-As entidades impartidoras deberán enviarlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro dos 15 días seguintes ó remate do curso, a xustificación dos custos inherentes a el, a través da seguinte documentación, que deberá presentarse por cada curso selada e asinada:

-Ficha SIFO de finalización.

-Solicitude de liquidación final.

-Relación de facturas.

-Orixinal ou fotocopia compulsada de tódalas facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de tódolos gastos imputables ó curso.

-Certificación dos gastos.

-Declaración complementaria do conxunto de tódalas axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Memoria final de actividades na que se faga constar, segundo os casos, unha descrición detallada da execución da acción formativa, dos colectivos atendidos, grao de inserción laboral, así como unha valoración do carácter experimental da acción formativa (agás no programa II-a).

-As entidades con ánimo de lucro deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ó cobramento das subvencións, que están ó día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización, segundo o anexo V, para que a citada información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas. Todo isto sen prexuízo das excepcións recollidas na Lei anual de orzamentos.

-Os custos das accións formativas amparadas por esta orde só poderán imputarse a partir da data de concesión da subvención, agás os incluídos no subprograma I-a (compromisos de contratación) que poderán ter carácter retroactivo, sempre que se trate de gastos elixibles segundo a normativa do Fondo Social Europeo, que se produzan no ano 2003 e cando a entidade impartidora comunicase expresamente o inicio das accións ó órgano competente da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

B) Sistemas de pagamento.

1. Poderán acordarse pagamentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida que o beneficiario xustifique os gastos. Non obstante, no caso de entidades sen ánimo de lucro, poderán autorizarse anticipos do 10% do importe da subvención no momento que a entidade impartidora comunique o inicio da primeira das accións formativas programadas.

2. No caso de que non inicien a acción formativa o total dos alumnos para os que se aprobou, ratearase o importe que se vai aboar ata o número máis alto de alumnos acadado no seu primeiro cuarto.

3. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ó disposto nesta orde ou na súa normativa de desenvolvemento, o Servicio de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación, emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

No caso de que a xustificación fose incorrecta, requirirase á entidade para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle de que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclama-lo reintegro, total ou parcial, da axuda concedida.

Artigo 10º.-Seguimento e control das accións formativas.

1. Para verifica-lo cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación e as delegacións provinciais aplicarán un sistema de seguimento e control, que consistirá na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas a alumnos e docentes, e emitirase un informe respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento.

2. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puideran ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Capítulo II

Das accións formativas

Artigo 11º.-Remate e xustificación das accións formativas.

A data límite para o remate e xustificación das accións formativas será, como norma xeral, o 30 de novembro de 2003. Excepcionalmente, por causas xustificadas, trala solicitude previa do interesado, e sempre precedendo autorización do director xeral de Formación e Colocación, as accións formativas reguladas nesta orde poderán rematar con posterioridade a esa data, sempre dentro do ano 2003.

Artigo 12º.-Selección de alumnos.

1. Como norma xeral, a selección dos alumnos participantes nas accións formativas realizaraa a entidade adxudicataria a través de convocatoria pública, que deberá publicarse, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da Comunidade Autónoma. Os logotipos deberán figurar obrigatoriamente na parte inferior do anuncio, coa seguinte distribución: Unión Europea (Fondo Social Europeo) na parte esquerda; Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais) no centro; centro impartidor na dereita.

2. Excepcionalmente, por razón da peculiaridade do colectivo ó que se dirixe a acción formativa (alumnos discapacitados, empresas que formen os seus propios traballadores, etc.) a entidade poderá seleccionar directamente os alumnos.

3. Poderá tamén realizarse a selección polo Servicio Público de Emprego de entre os demandantes inscritos nel, nos casos en que as entidades o soliciten.

4. En calquera caso, do resultado da selección, no caso de accións formativas dirixidas a desempregados, daráselle conta á oficina de emprego que corresponda.

5. Nas accións formativas nas que, a pesar de que se intentase completa-lo número de alumnos, diminúa o número de participantes ata unha cantidade inferior ó 50 por 100 do número programado, agás que as baixas se produzan por colocación dos alumnos, poderán ser canceladas pola Consellería de

Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. En caso de cancelación, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración prevista no artigo 17º e aprobada pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, calculada de acordo co principio de proporcionalidade.

6. Os alumnos que resulten seleccionados para unha acción formativa non poderán asistir simultaneamente a outra incluída dentro da programación de formación ocupacional da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e, salvo autorización expresa do director xeral de Formación e Colocación, por causas excepcionais debidamente xustificadas, non poderán causar baixa nunha para acceder a outra dentro desa programación.

7. No caso de que se produzan baixas durante o desenvolvemento da acción formativa, as entidades impartidoras poderán incorporar alumnos dentro do seu primeiro cuarto.

Artigo 13º.-Dereitos e deberes dos alumnos.

1. A formación será gratuíta para tódolos alumnos das accións formativas derivadas desta orde, agás nos másters e cursos de posgrao e nas accións dirixidas a ocupados, nos que as entidades impartidoras poderán recibir outras achegas.

2. Terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento as accións formativas, e de facilita-la documentación que lles sexa solicitada pola entidade impartidora. No caso de que as faltas de asistencia dalgún alumno superen o 25% das horas lectivas, deberá ser dado de baixa na acción formativa.

3. Os alumnos que rematen os cursos con aproveitamento, e asistisen como mínimo ó 75% das súas horas lectivas, recibirán un diploma, oficial no caso do programa II-a, e acreditativo da súa participación e/ou aproveitamento no resto dos programas, no modelo que se estableza pola Dirección Xeral de Formación e Colocación. En ámbolos diplomas deberán consta-los seguintes datos:

a) Nome, apelidos e DNI do alumno.

b) Denominación do curso.

c) Lugar e datas de realización.

d) Número de horas e módulos formativos realizados.

e) Entidade impartidora.

Así mesmo, no caso das accións formativas dirixidas a traballadores desempregados terán dereito ó diploma os alumnos que causen baixa por colocación, cando o docente coide que teñen os coñecementos equivalentes ó nivel do curso e asistisen, como mínimo, ó 75 por 100 das horas lectivas.

4. Os alumnos que non teñan dereito a diploma poderán recibir, se o solicitan, unha certificación polas horas e módulos ós que asistisen.

Artigo 14º.-Modalidades de impartición das accións formativas.

1. As accións formativas poderán desenvolverse nas modalidades presencial, a distancia ou semi

presencial. En todo caso, no anexo II da solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan, e, se é semipresencial, indicarán as horas de cada unha delas.

2. Nas modalidades a distancia e na parte a distancia da modalidade semipresencial o sistema de impartición deberá incluír evidencias necesarias para comprobar que os alumnos reciben a formación impartida.

Capítulo III

Da convocatoria pública

Artigo 15º.-Solicitudes.

1. As entidades que desexen colaborar na impartición das accións formativas previstas nesta orde deberán formaliza-la correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde, e que se subministrará nas delegacións provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Colocación ou en calquera das oficinas administrativas de Información ó Cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asina-la solicitude.

b) Licencia municipal de apertura dos locais onde se vai imparti-la acción formativa.

c) Unha ficha por cada unha das accións formativas no modelo normalizado segundo o anexo II.

d) De se-lo caso, compromiso de contratación asumido pola/s empresa/s que vaian contrata-los alumnos.

e) Unha memoria-proxecto, agás para o programa II-a, na que se fará referencia, polo menos, ós seguintes extremos:

-Descrición da acción formativa, na que se especificarán, entre outros aspectos, os obxectivos de inserción laboral no caso de accións formativas dirixidas a desempregados, o programa formativo curricular así como a xustificación do carácter experimental do programa.

-Memoria explicativa da valoración económica da acción formativa especificada no anexo II desta orde, por custos elixibles, segundo a normativa europea.

-Xustificación documental da experiencia da entidade solicitante na impartición de accións formativas de semellante natureza, de se-lo caso.

f) Declaración de non ter concedida ningunha outra axuda pública para a mesma acción formativa.

2. As solicitudes dirixiranse á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As entidades que soliciten accións formativas incluídas en subprogramas diferentes deberán formalizar unha solicitude independente para cada un deles.

Artigo 16º.-Prazo.

1. O prazo de presentación de solicitudes será de corenta días hábiles contados desde o seguinte á publicación desta orde, agás no programa I-a (proxectos formativos con compromiso de contratación) nos que o prazo rematará o 15 de novembro de 2003.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou de que a documentación achegada conteña erros ou sexa insuficiente requirirase ó solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fai así, se considerará desistido da súa solicitude, previa resolución que así o declare.

Artigo 17º.-Instrucción do procedemento.

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, coas concrecións que se establecen nos seguintes puntos.

2. A comisión de valoración analizará toda a documentación achegada polas entidades solicitantes, informará os expedientes, elaborará o seu informe tendo en conta os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da comisión, que regula a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación, cando sexa de aplicación, así como os criterios valorativos do Fondo Social Europeo e elevará a proposta de resolución ó órgano competente para resolver.

3. Para os efectos previstos neste artigo, a comisión de valoración estará composta pola subdirectora xeral de Formación Ocupacional, que a presidirá, e serán vocais os xefes dos servicios de Xestión Administrativa e de Planificación de Formación Ocupacional, actuando este último como secretario, e dous técnicos da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. A comisión de valoración, para avalia-las solicitudes, establece-la orde de prelación e formula-la proposta de resolución, terá en conta os seguintes criterios:

-Programa I.

a) O grao de inserción laboral que figure na solicitude do proxecto formativo, a partir do 60% ou do 40% no programa I-a nos supostos establecidos no artigo 2º desta orde, así como a calidade da inserción, en función do carácter indefinido ou non dos contratos que se realicen.

b) A viabilidade de inserción laboral que se deduza do proxecto.

c) Accións formativas relativas a novos filóns de emprego.

d) O carácter experimental que teñan as accións formativas respecto do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional.

e) A experiencia da entidade solicitante no desenvolvemento de accións formativas de semellante natureza.

-Programa II.

a) O carácter estratéxico do proxecto respecto do tecido productivo de Galicia.

b) O carácter xeral da formación, de xeito que inclúa unha ensinanza que non sexa única ou principalmente aplicable no posto de traballo actual ou futuro do traballador na empresa beneficiaria, senón que proporcione cualificacións na súa maior parte transferibles a outras empresas ou a outros ámbitos laborais, mellorando substancialmente a empregabilidade do traballador.

c) O carácter preventivo do proxecto na medida que atenda colectivos en reestructuración, é dicir, en risco de perda de emprego.

d) A inclusión das accións formativas solicitadas no sistema de cualificacións, en concreto, a súa relación cos certificados de profesionalidade xa publicados.

e) A experiencia da entidade solicitante no desenvolvemento de accións formativas de semellante natureza.

Artigo 18º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas, unha vez informada pola comisión de valoración, e fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada, corresponderalle á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e deberá serlles notificada ós interesados.

2. A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de nove meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, agás no caso dos proxectos formativos con compromiso de contratación nos que a resolución deberá producirse no prazo de nove meses desde que a solicitude do interesado teña entrada no rexistro correspondente. En tódolos casos, transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimada a súa solicitude.

3. Contra as resolucións dictadas ó amparo desta orde, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora desta xurisdicción.

Non obstante, poderase optar por interpor contra estas resolucións recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicións adicionais

Primeira.-A realización das accións de formación previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada á existencia de crédito sufi

ciente nos programas 14.03.241B 440.0, 14.03.241B 470.0, 14.03.241B 472.0, 14.03.241B 480.0 e 14.03.241B.482.0 que figuran na Lei 6/2002, de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2003.

Segunda.-Se, por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o director xeral de Formación e Colocación.

Terceira.-Poderán modificarse as resolucións nos termos e cos requisitos sinalados no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarta.-En todo o non previsto nesta orde, será de aplicación o establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, quedando os beneficiarios das axudas reguladas nesta orde suxeitos ó réxime disciplinario previsto nas citadas disposicións.

Quinta.-As axudas recollidas nesta orde estarán suxeitas ó que dispón o Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da comisión, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación, publicado no DOCE do 13 de xaneiro de 2001.

Sexta.-Poderán efectuarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma ou doutros remanentes dos módulos. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras homologacións distintas das tidas en conta para a resolución inicial.

Sétima.-Nos aspectos non recollidos nesta orde respecto do programa II-a será de aplicación a Resolución do 16 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se desenvolve a Orde do 15 de novembro de 2002, pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ó exercicio de 2003, e demais normativa de aplicación para o Plan FIP.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais