Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.871

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo para perruquerías de donas, cabaleiros, unisex e beleza.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo para perruquerías de donas, cabaleiros, unisex e beleza, que subscribiu a comisión mixta paritaria do referido convenio o 13 de xaneiro de 2003, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

A comisión mixta paritaria do convenio colectivo de perruquerías de donas, cabaleiros, unisex e beleza, na xuntanza do 13 de xaneiro de 2003, adoptou o acordo de modificación da táboa salarial actualizada nun 3%.

ANEXO I

Segundo o disposto no artigo 22 deste convenio, os salarios dos traballadores do sector quedan fixados nas contías establecidas na táboa anexa.

Ano 2003

Grupo profesionalSalario base

Grupo profesional I:

Recepcionista

Telefonista

Ordenanza

521,18 euros

Grupo profesionalSalario base

Grupo profesional II:

Oficial 2ª e oficial administrativo

Oficial 3ª

Axudante

Masaxista

Manicura, pedicura, depilación

Esteticista

Caixeira

Vendedores

525,30 euros

Grupo profesional III:

Oficial 1ª

Encargada de salón

549 euros