Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.830

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

DECRETO 195/2003, do 20 de marzo, polo que establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

A través do Decreto 306/2001, do 15 de decembro, estableceuse a estructura orgánica da Xunta de Galicia, modificada polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro. Posteriormente, fíxase a través do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, a estructura orgánica dos seus departamentos. No artigo 11 da citada norma estableceuse a estructura orgánica básica da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, a cal se desenvolve agora a través deste decreto.

De acordo co anterior, faise necesario acomodar esta estructura ata o nivel de xefatura de servicio, distribuíndo as funcións asignadas dun xeito racional, para así conferi-la máxima eficacia no exercicio delas.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, co informe previo das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de marzo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado é o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de familia, infancia e menores, muller, xuventude, deportes e voluntariado, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

Artigo 2º

Un. A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos superiores:

I. O/a conselleiro/a.

II. Secretaría Xeral.

III. Dirección Xeral de Familia.

IV. Dirección Xeral de Xuventude.

V. Dirección Xeral para o Deporte.

VI. Dirección Xeral do Voluntariado

VII. As delegacións provinciais.

Dous. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo de carácter administrativo con categoría de dirección xeral, adscríbese á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado e rexerase en canto ós seus obxectivos, funcións, estructura e funcionamento polo previsto na Lei galega 3/1991, do 14 de xaneiro, da súa creación, e polo Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller e demais normas que a desenvolvan, modificado polo Decreto 249/2002, do 18 de xullo.

I. O/A conselleiro/a.

Artigo 3º

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, está investido/a das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

II. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un. A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con tódalas unidades e servicios dependentes da consellería, a coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como

as funcións relativas á xestión do programa estatístico anual da consellería considerada no Plan Galego de Estatística sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística, así como aquelas que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do/a titular do departamento.

Dous. Para o exercicio das súas funcións, a secretaría xeral estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa.

Esta unidade exercerá as funcións de xestión de persoal, réxime interno, asistencia técnico-xurídica, organización do rexistro xeral da consellería, coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos e outras de contido administrativo que lle atribúa o secretario xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Persoal e Réxime Interno.

Corresponderanlle as seguintes funcións:

-A ordenación e o control da xestión de todo o persoal da consellería, sen prexuízo da competencia doutros órganos e unidades e, en especial, a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais.

-A formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo de todo o persoal funcionario e laboral da consellería.

-As propostas de adopción de criterios básicos e comúns para a coordinación e homologación da xestión de persoal.

-O mantemento e actualización da base de datos de persoal funcionario e laboral e a organización, custodia e o arquivo dos seus expedientes.

-A xestión dos plans de formación do persoal que presta os seus servicios no ámbito da consellería.

-A coordinación, xestión e difusión da información relativa a recursos humanos e ós cidadáns.

-O estudio, a tramitación e formulación das propostas de resolución dos expedientes, reclamacións e recursos que se formulen en materias relativas ó persoal da consellería.

-A execución de sentencias en materia de persoal funcionario e laboral da consellería.

-A tramitación dos expedientes de incompatibilidade e disciplinarios referentes ó persoal da consellería.

-A xestión e tramitación da nómina de persoal adscrito ós servicios centrais da consellería.

-O cumprimento das obrigas da consellería en materia de Seguridade Social e dereitos pasivos.

-A confección dos estudios previos á elaboración da proposta do anteproxecto dos orzamentos do capítulo I da consellería e as propostas de modificacións de crédito.

-O estudio, seguimento e control da execución do estado de gastos en materia orzamentaria do capítulo I da consellería.

-Control do funcionamento do rexistro xeral da consellería, do arquivo e os restantes aspectos relacionados co réxime interior, así como o control da asistencia e puntualidade.

1.2. Servicio Técnico Xurídico.

Corresponderalle o exercicio das seguintes funcións:

-O estudio e tramitación de tódolos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanados dos distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

-O estudio, tramitación e proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da consellería, cando non lles estean atribuídos a outros órganos daquela.

-O estudio, preparación e informe dos asuntos que, tralo paso pola Comisión de Secretarios Xerais, se eleven ó Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos acordos desta.

-A coordinación para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos dictados polos órganos da consellería.

-Levar a cabo as funcións que a consellería teña encomendadas sobre as fundacións de interese galego sobre as cales exerza o protectorado.

-A tramitación de expedientes sobre cuestións demaniais ou patrimoniais, en canto sexa competencia da consellería.

-En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia, polo secretario xeral.

2. Subdirección Xeral de Contratación e Control Orzamentario.

Levará a cabo a confección do borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control, a tramitación e xestión dos expedientes de contratación relativos a obras, servicios, subministracións, consultoría e asistencias da consellería, así como os de cooperación e colaboración coas entidades locais en materia de investimento, a elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería, así como a coordinación da súa execución e calquera outra de contido administrativo que lle atribúa o secretario xeral.

Para o desenvolvemento das distintas funcións e servicios contará coas seguintes unidades, co nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

A este servicio corresponderalle a elaboración do borrador do anteproxecto de orzamentos da conse

llería, así como a execución, seguimento, coordinación e o seu control. Levará a cabo, igualmente, a tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria, habilitación de pagamentos e adquisición, xestión e control de medios materiais para o funcionamento ordinario da consellería.

2.2. Servicio de Contratación e Obras.

A este servicio corresponderalle a xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, cando se trate de obras, xestión de servicios públicos, subministracións, de consultoría e asistencia ou calquera outra figura contractual análoga, así como os convenios de cooperación e colaboración coas entidades locais en materia de investimento.

2.3. Servicio de Supervisión de Proxectos.

A este servicio corresponderalle desenvolve-las funcións das oficinas de supervisión dos proxectos ás que fai referencia a normativa vixente respecto das obras que realice a consellería, así como o seguimento destas e das correspondentes ós convenios de investimento coas corporacións locais.

Tres. Integradas organicamente na Secretaría Xeral, con nivel orgánico de Subdirección Xeral, haberá as seguintes unidades administrativas:

1. Asesoría Xurídica.

2. Intervención Delegada.

III. Dirección Xeral de Familia.

Artigo 5º

Un. Correspóndelle a esta dirección xeral:

1. A xestión da política autonómica en materia de acción social, nos sectores de familia, infancia, menores e colectivos necesitados de especial protección, segundo o disposto na Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, agás cando estivese legal ou regulamentariamente reservada a outro órgano ou ente da Administración autonómica, e en concreto a xestión de política autonómica familiar en desenvolvemento do previsto na Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, a elaboración e seguimento dos plans integrais de apoio á familia, as competencias de mediación familiar derivadas da Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar, e do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o rexistro de mediadores familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta, así como a protección e tutela dos menores en situación de risco ou desamparo e a execución das medidas dictadas polos xulgados de

menores nos termos establecidos na lexislación específica, así como o rexistro, autorización, acreditación e inspección de centros e entidades prestadoras de servicios sociais no ámbito de famillia, infancia e menores.

2. O estudio da realidade social, a planificación e coordinación das entidades prestadoras de servicios sociais nos anteditos sectores, así como a cooperación con elas e, en particular, coas entidades de iniciativa social.

3. A xestión das prestacións e programas nesas mesmas áreas.

4. En relación cos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, e sen prexuízo das competencias atribuídas á secretaría xeral en materia de persoal, xestión económica e orzamentaria, corresponderalle coordinar e supervisa-lo seu funcionamento e prestarlle a asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento da súa actividade.

Dous. Para o desenvolvemento das anteditas funcións, esta dirección xeral estructúrase como segue:

1. Subdirección Xeral de Familia.

Levará a cabo funcións de xestión, coordinación, asistencia técnica, seguimento, avaliación e control dos programas, servicios e centros dedicados á prestación de servicios sociais relativos á familia, infancia e colectivos necesitados de especial protección, ben de titularidade propia ou dependentes da iniciativa social ou privada.

Para o desenvolvemento das súas funcións estructúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Familia, Infancia e Programas Especiais.

A este servicio corresponderanlle as funcións relativas ó estudio, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos programas destinados á familia, infancia e colectivos necesitados de especial protección, en especial os contidos no Plan integral de apoio á familia; á elaboración de propostas para o desenvolvemento normativo da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e da adolescencia, e na Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, nesta materia, así como a coordinación e seguimento das institucións e as competencias de mediación familiar derivadas da Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar, e do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta.

2. Subdirección Xeral de Menores.

Levará a cabo funcións de xestión, coordinación, asistencia técnica, seguimento, avaliación e control dos programas, servicios e centros dedicados á prestación de servicios sociais dedicados ós menores en situación de risco ou desamparo, ben de titularidade propia ou dependentes da iniciativa social ou privada; así como tódalas funcións derivadas da aplicación e desenvolvemento da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, para a execución das medidas xudiciais nesta Comunidade Autónoma.

Para o desenvolvemento das súas funcións estructúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.l. Servicio de Defensa do Menor.

A este servicio corresponderalle a implantación, desenvolvemento, seguimento e avaliación dos pro

gramas contidos no Plan integral de apoio á familia, tanto no que atinxe á promoción e defensa dos dereitos da infancia, como nas actuacións de prevención ante situacións de risco ou de desprotección social que poidan afecta-los menores; a coordinación dos equipos provinciais do menor e as propostas de desenvolvemento normativo nas materias da súa competencia, así como cantas outras lle correspondan no seu exercicio.

2.2. Servicio de Atención a Menores en Situación de Conflicto Social.

A este servicio corresponderanlle cantas actuacións procedan para a execución das medidas previstas na normativa vixente e acordadas polos xulgados de menores de Galicia ante a comisión de infraccións tipificadas como faltas ou delictos pola poboación menor de idade penal; a implantación, execución, seguimento e avaliación dos programas dirixidos a menores en conflicto social, tanto en medio aberto como en internamento, en aplicación da Lei orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, así como cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

3. Servicio Administrativo de Centros.

A este servicio corresponderanlle, dentro do ámbito competencial da Dirección Xeral, as seguintes funcións:

-A tramitación dos expedientes relativos ó rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais.

-A tramitación dos expedientes de autorización, creación, modificación substancial e concesión do permiso de inicio de actividades dos centros de servicios sociais.

-A inspección, asesoramento, seguimento e control do cumprimento dos requisitos funcionais e materiais dos centros de servicios sociais.

-Coordina-las funcións, en materia de inspección, coas delegacións provinciais para o desenvolvemento do plan de inspección.

-Controla-lo cumprimento dos niveis de calidade propoñendo plans de mellora dos servicios sociais competencia da dirección xeral e propoñer, se é o caso, a elaboración e revisión de normas relativas ás materias relacionadas coas súas funcións.

-Calquera outra función que lle atribúa o Decreto 175/1995, do 16 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo á inspección e o réxime sancionador.

IV. Dirección Xeral de Xuventude.

Artigo 6º

Un. Corresponderalle a esta dirección xeral a xestión e coordinación das actuacións da consellería en materia de xuventude, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e especificamente o apoio ó desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da participación da xuventude na vida social. En relación cos centros, tanto propios como

dependentes doutras entidades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral en materia de persoal, xestión económica e orzamentaria, corresponderalle coordinar e supervisa-lo seu funcionamento e prestarlle a asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade. Así mesmo, corresponderalle o fomento das relacións e da cooperación con outras comunidades autónomas e intercambios co estranxeiro en materia de xuventude, fomento dos programas de Turismo Xove e promoción e organización das actuacións en materia de información e documentación para a xuventude.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xuventude estructúrase do xeito seguinte:

1. Subdirección Xeral de Programas.

Levará a cabo as funcións de promoción, difusión e seguimento de programas, actividades e convenios dirixidos a fomenta-la colaboración coas administracións públicas, institucións e organismos públicos e privados con actividades dirixidas á xuventude, o seguimento na xestión do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Rede Galega, a promoción e desenvolvemento da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil en coordinación con centros de información do Estado español e das comunidades autónomas, a elaboración, publicación e difusión de enquisas, estudios e informes sobre a xuventude galega e a información, promoción e coordinación dos programas da Unión Europea dirixidos á xuventude.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coa seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Programas.

A este servicio correspóndenlle as funcións de desenvolvemento e seguimento dos distintos programas e servicios dedicados á formación, información, estudios e estatísticas en materia de xuventude, a promoción, difusión e seguimento dos programas e actividades dedicados á xuventude organizados polas administracións públicas, institucións e organismos públicos e privados, a información, promoción e coordinación dos programas europeos dedicados á xuventude e a tramitación e seguimento das axudas e subvencións relacionadas coas materias propias deste servicio, así como a coordinación das relacións co Consello da Xuventude de Galicia.

2. Subdirección Xeral de Centros e Promoción de Actividades.

Levará a cabo as funcións de promoción e seguimento do asociacionismo xuvenil, a organización e xestión dos programas de actividades culturais de lecer e tempo libre, a promoción e fomento dos programas de Turismo Xove, a coordinación, asistencia técnica, seguimento e avaliación dos programas de servicios e centros dedicados á xuventude, o fomento e promoción de intercambios e mobilidade de xoves con outras comunidades autónomas e países estranxeiros, a promoción e difusión dos distintos

carnés dirixidos á xuventude e o desenvolvemento das funcións propias da Escola Galega de Lecer e Tempo Libre.

Para o desenvolvemento das súas funcións, contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Promoción de Actividades.

A este servicio corresponderanlle as funcións de desenvolvemento, coordinación, xestión e seguimento dos programas e servicios a favor da xuventude que lle correspondan á Subdirección Xeral, a participación na xestión e programación das actividades que se realizan en campamentos, albergues, casas e centros de xuventude, a promoción e difusión de intercambios xuvenís con outras comunidades autónomas e países estranxeiros, a elaboración e xestión das axudas e subvencións relacionadas coas materias propias deste servicio e a promoción e xestión do Carné Xove e Carné Máis, así como a coordinación e xestión do rexistro de instalacións xuvenís.

Así mesmo, a este servicio corresponderanlle as funcións de fomento e seguimento de tódalas actividades relacionadas co asociacionismo xuvenil e a coordinación e xestión do censo de asociacións xuvenís, a promoción das diferentes actividades formativas relacionadas cos programas e actividades xestionados pola Subdirección Xeral, a tramitación e seguimento das axudas e subvencións relacionadas coas materias propias deste servicio, a coordinación dos servicios prestados nos albergues e residencias da nosa comunidade autónoma integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís, a programación e ordenación de ensinanzas a través da Escola Galega de Lecer e Tempo Libre, a promoción e xestión dos carnés nacionais e internacionais para a xuventude.

3. Servicio de Xestión e Coordinación Administrativa.

A este servicio, con dependencia directa do/a director/a xeral de Xuventude, corresponderalle a execución, coordinación e tramitación do pagamento das axudas e subvencións para os programas e actividades xestionadas pola Dirección Xeral de Xuventude, a xestión da contratación administrativa para a realización de programas e actividades xuvenís, a coordinación e xestión do rexistro de instalacións xuvenís e calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

V. Dirección Xeral para o Deporte.

Artigo 7º

Un. Correspóndelle a esta dirección xeral:

1. A colaboración coas administracións locais na promoción e difusión da cultura física e do deporte. O apoio e promoción das asociacións deportivas, sempre que o seu ámbito de actuación non exceda do propio da Comunidade Autónoma.

2. A elaboración e execución dos plans de construcción de instalacións deportivas propias. En relación cos centros, tanto propios como dependentes

doutras entidades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral en materia de persoal, xestión económica e orzamentaria, corresponderalle coordinar e supervisa-lo seu funcionamento e prestarlles a asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade.

3. A xestión das prestacións e programas en materias propias da Dirección Xeral así como a realización de todas aquelas accións encamiñadas á mellora da actividade físico-deportiva e da infraestructura deportiva galega.

Dous. Para o desenvolvemento das anteditas funcións, esta dirección xeral estructúrase como segue:

1. Subdirección Xeral de Deportes.

Exercerá as seguintes funcións:

-A elaboración e execución de plans de tecnificación deportiva e realización de estudios sobre competicións de deportistas federados.

-A xestión deportiva do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e a súa coordinación coas federacións deportivas e outras entidades para a súa utilización.

-A coordinación da actividade deportiva cos plans, programas e actuacións docentes do INEF de Galicia.

-O rexistro de entidades deportivas.

-Fomento e promoción do deporte, deporte extraescolar e de tempo libre.

-Levará a cabo a elaboración e coordinación dos plans de instalacións deportivas así como a coordinación e supervisión do funcionamento administrativo dos centros e instalacións deportivas.

-Tamén participará na elaboración do anteproxecto do orzamento da dirección xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Coordinación Deportiva.

Este servicio realizará os seguintes cometidos:

-A dirección dos plans e programas das competicións deportivas.

-A xestión administrativa da actividade de fomento e promoción deportiva.

-A coordinación dos plans de formación realizados desde a Escola Galega do Deporte.

1.2. Servicio de Infraestructuras Deportivas.

A este servicio corresponderanlle a execución, coordinación e tramitación dos expedientes, axudas, subvencións e convenios dos programas xestionados pola Dirección Xeral; a coordinación e asistencia técnica dos centros e instalacións deportivas para o correcto desenvolvemento da súa actividade, así como o control interno de xestión orzamentaria dos capítulos de gasto encomendados á Dirección Xeral.

2. Xerencia do INEF de Galicia.

Dependendo directamente do director xeral para o Deporte, a xerencia do INEF de Galicia, con nivel orgánico de servicio, encargarase da xestión e administración do devandito centro e das instalacións deportivas adscritas a este, así como daquelas outras propias que para o efecto se lle encomenden.

VI. Dirección Xeral do Voluntariado

Artigo 8º

Un. Corresponderalle a esta dirección xeral a xestión e coordinación das actuacións da consellería en materia de voluntariado, así como a elaboración e o seguimento do Plan galego de fomento e promoción da acción voluntaria e a xestión do sistema de rexistro autonómico das entidades de acción voluntaria.

Tamén será a súa función o desenvolvemento das actuacións de promoción, investigación, asistencia e formación en materia de voluntariado e todas aquelas segundo o disposto na Lei 3/2000, do 22 de decembro, do voluntariado de Galicia.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral do Voluntariado estructúrase como segue:

1. Subdirección Xeral do Voluntariado.

Corresponderalle a esta unidade promove-lo voluntariado galego, fomentar e canaliza-las iniciativas de asociacións, persoas voluntarias ou entidades tanto públicas como privadas e buscar solucións a necesidades que presenta este colectivo na realización das súas tarefas, así como a elaboración e seguimento do Plan galego para a promoción e o fomento da acción voluntaria e a xestión do rexistro de entidades de acción voluntaria.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Formación e Apoio Técnico do Voluntariado.

A este servicio correspóndenlle as seguintes funcións:

-Coordinación dos programas e proxectos de voluntariado en áreas de interese xeral existentes na consellería con outras áreas de actuación dependentes doutros departamentos e entidades públicas e privadas.

-Xestión e organización do Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

-Establece-los criterios para o seguimento e control das entidades de acción voluntaria.

-Coordinación dos centros de iniciativas de voluntariado galego nas delegacións provinciais.

-Proporcionar información, asistencia e asesoramento técnico ás entidades locais e demais entidades públicas ou privadas interesadas no desenvolvemento de programas ou proxectos de acción voluntaria.

-Fomentar, por iniciativa propia ou en colaboración con entidades públicas ou privadas, o desenvolvemento de actuacións de voluntariado en áreas de interese xeral nas que non existan este tipo de actuacións.

-Fomentar entre as entidades de acción voluntaria a elaboración de estudios, investigacións e estatísticas sobre o voluntariado en Galicia.

-Planificar e colaborar con entidades, públicas e privadas, no desenvolvemento de accións ou programas educativos, formativos e culturais que faciliten a formación básica e específica do voluntariado, así como a cualificación dos xestores das entidades de acción voluntaria da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de facilita-la profesionalización dos distintos axentes que actúan neste ámbito.

-Asesoramento, apoio técnico, participación e seguimento das actuacións da Comisión de Arbitraxe do Voluntariado, así como noutros órganos de participación e asesoramento previstos na lexislación vixente en materia de voluntariado.

-Elaboración e seguimento da execución dos programas e accións previstos no Plan Galego para a Promoción e o Fomento da Acción Voluntaria por parte dos distintos departamentos da Xunta de Galicia e entidades públicas e privadas que obteñan financiamento da Administración autonómica de Galicia.

1.2. Servicio de Promoción e Axudas do Voluntariado.

A este servicio correspóndenlle as seguintes funcións:

-Promover e fomenta-la participación da poboación da Comunidade Autónoma de Galicia en actuacións de voluntariado, ben directamente, ben a través das entidades legalmente constituídas para o efecto.

-Promoción, participación e cooperación con entidades ou organismos doutras comunidades autónomas, de ámbito estatal ou internacional para actuacións do voluntariado.

-Desenvolvemento de campañas de difusión e sensibilización á poboación da Comunidade Autónoma de Galicia sobre os programas de acción do voluntariado.

-Tramitación, seguimento e control dos expedientes de subscrición de convenios, concertos ou outras figuras legais de colaboración con entidades de acción voluntaria para a execución e o desenvolvemento de programas e proxectos en materia de voluntariado.

-Promociona-los proxectos de voluntariado social en Galicia mediante a xestión da convocatoria anual de axudas e subvencións dirixidas a entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro.

-Elaboración e xestión de proxectos europeos de política social en relación con áreas de acción voluntaria en Galicia.

-Confección e mantemento do catálogo de recursos do voluntariado e creación e xestión de fondos documentais e bases de datos sobre voluntariado.

-Elaboración de proxectos normativos, informes, estudios e estatísticas referentes ós programas de voluntariado.

-Asesoramento e coordinación do Consello Galego de Voluntariado, exercendo as funcións de secretariado deste.

VII. As delegacións provinciais.

Artigo 9º

Un. En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma existirá unha Delegación Provincial da Consellería da Familia, Xuventude e Voluntariado, de acordo co establecido no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, polo que se organiza a Administración periférica da Xunta de Galicia e se regulan as competencias dos seus órganos territoriais.

Dous. Á fronte de cada delegación provincial existirá un delegado/a que, reunindo os requisitos esixidos no Decreto 244/1990, do 18 de abril, asumirá as funcións e competencias que lle atribúe o Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e a demais normativa vixente. Dependerá orgánica e funcionalmente do conselleiro, sen prexuízo das directrices funcionais que dicten os distintos centros directivos da consellería. Exercerá, así mesmo, as funcións e competencias como delegado provincial do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e as atribucións que correspondían a extinta Secretaría Xeral para o Deporte de acordo co disposto nas ordes do 17 de maio de 1983 e do 20 de decembro de 1986, en relación cos procedementos para o rexistro de entidades deportivas e a modificación do rexistro de entidades e clubs.

Artigo 10º

Para o desenvolvemento das súas funcións, as delegacións provinciais contarán coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio.

1. Secretaría da delegación.

Corresponderalle ó/a secretario/a provincial, baixo a autoridade e supervisión do delegado, o exercicio das funcións relativas ó réxime interior, á tramitación administrativa, xestión de persoal, á elaboración de estatísticas e, en xeral, prestar asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado/a, a quen substituirá nas súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade. Así mesmo, corresponderalle á coordinación e control do funcionamento de tódolos servicios e centros dependentes da delegación provincial, velando polo cumprimento das instruccións impartidas polo delegado.

2. Servicio de Administración e Contratación.

Corresponderalle a este servicio a elaboración do borrador do anteproxecto do orzamento da delegación e a xestión dos créditos que se lle asignen, así como o desenvolvemento de tódalas actuacións inherentes á contratación administrativa cando o delegado/a

provincial actúe como órgano de contratación. Así mesmo desenvolverá funcións de xestión e tramitación dos expedientes nas áreas do Servicio de Promoción e Igualdade do Home e da Muller no ámbito da provincia.

3. Servicio de Familia, Infancia e Menores.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Familia en materia de familia, infancia e menores no respectivo ámbito provincial.

4. Servicio de Xuventude.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Xuventude no respectivo ámbito provincial.

5. Servicio de Deportes.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral para o Deporte no respectivo ámbito provincial.

6. Servicio do Voluntariado.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral do Voluntariado no respectivo ámbito provincial.

Artigo 11º

Están adscritos á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, coa composición e funcións que sinalan as súas normas de creación, os seguintes órganos colexiados:

-Comisión Interdepartamental de Xuventude.

-Observatorio Galego da Familia.

-Comisión de Seguimento do Plan de Acción Xove 2000-2003.

-Consello Galego do Voluntariado.

-Comité Galego de Xustiza Deportiva.

-Comisión Interinstitucional do Menor.

Disposicións adicionais

Primeira.-As competencias en materia de rexistro, de autorización, acreditación e inspección de centros e entidades de servicios sociais, que promovan a igualdade de dereitos e non discriminación entre homes e mulleres, a participación e intregración da muller na vida social, cultural, económica e política de Galicia, corresponderanlle ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Segunda.-As competencias que a Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia lle atribúe ó Servicio Galego do Voluntariado serán exercidas pola Dirección Xeral do Voluntariado.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogados o Decreto 250/2002, do 18 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como tódalas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade, ou se supriman algunhas das devanditas unidades, autorízase a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, por proposta do secretario xeral, a readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos, con carácter temporal, a postos de inferior nivel, se tratase de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida sen que, en ningún caso, supoña a adscrición, cambio de residencia. Todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 62.4º da Lei da función pública e na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das

competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Segunda.-Facúltase a conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de marzo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado