Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía do 11-3-2003 e do diposto nos artigos 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido de Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, de 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de aluguer financeiro.

1. Obxecto: contratación mediante aluguer financeiro dun camión de recollida de lixo.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Tipo de licitación e financiamento: 150.253 A, incluído IVE, con cargo á partida orzamentaria correspondente.

6. Prazo da operación: catro anos.

7. Fianza provisional: excluída.

8. Fianza definitiva: excluída.

9. Presentación de ofertas: durante os 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG, cos requisitos do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello o remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España nº 1, 27700 Ribadeo, Lugo. Teléfono: 982 12 86 50. Fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas, de luns a venres.

10. Modelo de proposición: o que figura como modelo de proposición no anexo II do prego de condicións económico-administrativas particulares.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación no salón de sesións da corporación, segundo o prego, ás 10 horas do día seguinte hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

Ribadeo, 11 de marzo de 2003.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde