Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003 sobre a provisión dunha praza de técnico de xestión.

No BOP da Coruña nº 29, do 5 de febreiro de 2003, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión dunha praza da escala de Administración xeral, subescala técnica, mediante o sistema de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte a aquel en que apareza este anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ordes.

Ordes, 6 de febreiro de 2003.

Teodosio Martino Martino

Alcalde