Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto:

É a contratación por concurso con procedemento aberto da obra que se indica de seguido, incluída no P.O.S. 2003 da Deputación Provincial.

Obra: mellora das beirarrúas na avda. Castelao.

Orzamento: 120.586,92 A.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos:

Rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da Deputación Provincial e publicado no BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002, podendo ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do Concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións:

No rexistro xeral de entrada de documentos do Concello, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes, a contar desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións:

En acto público, ás 18 horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó modelo indicado no anexo II do prego de condicións.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 14 de febreiro de 2003.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente