Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Concurso público, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adxudicación da realización da obra da nave de servicios múltiples en Vilar do Colo.

Aprobado por resolución da alcaldía do 17 de marzo de 2003 o proxecto e prego de cláusulas económico-administrativas para a contratación da obra da nave de servicios múltiples en Vilar do Colo, convócase concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato de execución das referidas obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabanas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Realización da obra de nave de servicios múltiples en Vilar do Colo.

b) Lugar de execución: Vilar do Colo, Laraxe.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

Tipo de licitación máximo: 118.457,70 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: 2.369,15 euros.

b) Definitiva: 4.738,30 euros.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: rúa do Concello, 2.

c) Localidade e código postal: Cabanas, 15621.

d) Teléfono: 981 49 59 59.

e) Fax: 981 43 19 44.

f) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata as 13 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cabanas. As proposicións non presentadas directamente comunicaranse por fax ou telegrama antes da hora na que remata o prazo de presentación, debendo acreditarse a data de envío da documentación.

d) Admisión de variantes: non se aceptan.

9. Apertura de ofertas.

a) Data: primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

b) Hora e lugar: ás doce horas no salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas.

10. Outras informacións.

As proposicións axustaranse ó modelo que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Cabanas, 17 de marzo de 2003.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa