Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a contratación do expediente 18/2003.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca os seguintes concursos públicos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expediente:

* C.P. 18/2003: subministracións sucesivas e arrendamento.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto:

* C.P. 18/2003: reactivos para determinación de bioquímica de urxencias e arrendamento de equipos.

b) Número de unidades que se entregarán:

* C.P. 18/2003: punto 8.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número:

* C.P. 18/2003: punto 8.1 da folla de especificacións do prego-tipo de clásulas administrativas particulares.

d) Lugar de entrega:

* C.P. 18/2003: almacén xeral, Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

e) Prazo de entrega:

* C.P. 18/2003: punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de clásulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación:

* C.P. 18/2003: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

* C.P. 18/2003: 243.170,17 euros.

5. Garantía provisional.

* C.P. 18/2003: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre (ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

d) Teléfono: 981 33 45 14.

e) Fax: 981 33 45 50.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

* C.P. 18/2003: as solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar:

* C.P. 18/2003: a especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

2. Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

3. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 18/2003): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes (C.P. 18/2003): non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: a partir das 10 horas.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11

da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

* C.P. 18/2003: 2.700 euros.

Ferrol, 17 de marzo de 2003.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol