En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade a adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
* Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
* Número de expediente: 190/2002.
2. Obxecto do contrato.
* Tipo de contrato: contrato de servacios.
* Descrición do obxecto: servicio de mantemento do Help-Desk.
* Anuncio de licitación publicado no DOG nº 204, do 22 de outubro de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
* Tramitación: ordinaria.
* Procedemento: aberto.
* Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento total: 90.152 A.
5. Adxudicación.
* Data: 30 de decembro de 2002.
* Contratistas:
Nº lote: 1.
Nº orde: 1.
Adxudicatario: Desarrollo Informático, S.A.
Importe adxudicatario: 90.000.
1. Entidade adxudicadora.
* Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
* Número de expediente: 215/2002.
2. Obxeto do contrato.
* Tipo de contrato: contrato de servicios.
* Descrición do obxecto: servicio de mantemento integral dos edificios e instalacións que constitúen o Hospital Abente y Lago.
* Anuncio de licitación publicado no DOG nº 204, do 22 de outubro de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
* Tramitación: ordinaria.
* Procedemento: aberto.
* Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento total: 156.000 A.
5. Adxudicación.
* Data: 27 de novembro de 2002.
* Contratistas:
Nº de lote: 1.
Nº de orde: 1.
Adxudicatario: Eulen, S.A.
Importe adxudicatario: 149.760.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 20 de febreiro de 2003.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza
da Coruña