Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso 221/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas

conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

* Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

* Número de expediente: 221/2002.

2. Obxecto do contrato.

* Tipo de contrato: contrato de subministracións.

* Descrición do obxecto: subministración de sistema de poligrafía convencional, plan de necesidades 2002 (área do corazón).

* Anuncio de licitación publicado no DOG nº 220, do 14 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

* Tramitación: ordinaria.

* Procedemento: aberto.

* Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 70.936,35 A.

5. Adxudicación.

* Data: 16 de decembro de 2002.

* Contratistas:

Nº lote: 1.

Nº orde: 1.

Adxudicatario: Ge Medical Systems Information Technologies España, S.A.

Importe adxudicatario: 70.936,35.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de febreiro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña