Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

Na sesión do Pleno do 19 de marzo de 2003, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de acceso ós núcleos de Santalla, Vilar, Farnadeiros e Fonteira e acceso ós núcleos de Anseán, Pousada, desde Vilanova e Monte da Silva (correspondentes ó Plan provincial 2003) e o proxecto de acondicionamento de accesos a Torrón e chalets de Gomeán; sur de Sabarei de Arriba; Casisaldo-Lapío; Cabreiros, cemiterio; Penamoura-Lousado; Quintela; Rioseco e Don Xulián (Piel 2003). Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación dos citados contratos de obras, a cal quedará apra

zada se houbese reclamacións contra os proxectos ou pregos ata a súa resolución:

-Obxecto do contrato:

* Obra nº 1, acceso ós núcleos de Santalla, Vilar, Farnadeiros e Fonteita.

* Obra nº 2, acceso ós núcleos de Anseán, Pousada, desde Vilanova e Monte da Silva.

* Obra nº 3, acondicionamento de accesos a Torrón e chalets de Gomeán; sur de Sabarei de Arriba; Casisaldo-Lapío; Cabreiros, cemiterio; Penamoura-Lousado; Quintela; Rioseco e Don Xulián.

-Lugar de execución: concello do Corgo.

-Plazo de execución: tres meses.

-Orzamento de licitación:

* Obra nº 1: 40.000 euros, IVE incluído.

* Obra nº 2: 53.064 euros, IVE incluído.

* Obra nº 3: 85.075,28 euros, IVE incluído.

-Tramitación: urxente.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

-Garantías: provisional:

* Obra nº 1: 800 euros.

* Obra nº 2: 1.061,28 euros.

* Obra nº 3: 1.701,51 euros.

-Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

-Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 20 de marzo de 2003.

José A. Ferreiro González

Alcalde