Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/43-2, 5810 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., R.B.T., Vilamane, As Bidueiras, Cantiz, Río.

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 1,186 km con orixe no apoi nº 69 da L.M.T. O Cereixal-Gasalla, conductor tipo LA-56 e final no apoio nº 8 da L.M.T. a C.T. de Vilamane.

L.B.T. aérea con lonxitude de 2,55 km con orixe no C.T. de Vilamane e conductor tipo R.Z.

L.B.T. aérea con lonxitude de 0,705 km con orixe no C.T. de Vilamane e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo