Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do Parque Eólico Álabe-Labrada. (Expediente 061-EOL).

Por Resolución do 26 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas, declarouse a utilidade pública, en concreto, e aprobouse o proxecto de execución do Parque Eólico Álabe-Labrada.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Abadín (Lugo), como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso, que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanente:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo, que conprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio.

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente, ou representados pola persoa debidamente autorizada, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial, ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio, asumirá a condición de beneficiaria a empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Lugo, 3 de marzo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Parque Eólico Álabe-Labrada

Termo municipal de Abadín

PredioPropietarioAfección (m)

UsoLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.O.T.

2Monte baixoA Costa VellaModesto Pérez DíazCurrovedo, 6-Labrada-Abadín (Lugo)495920

20Monte baixoAguillónDescoñecido3.32113.5424.2909.760

200CamiñoLabradaDescoñecido7.020

202CamiñoLabradaDescoñecido1.708110

203Monte baixoLabradaDescoñecido415236