Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/294-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., c. seccionamento e R.B.T. Coruxo-Fragoselo-A Tintureira.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., composta polos seguintes tramos: 1º de 1.470 m de lonxitude, desde un apoio da L.M.T. ó C.T. Fraga-Fragoselo ata o C.T. Fragoselo. 2º de 80 m, desde o C.T. Fragoselo ata un apoio na L.M.T.A. ó C.T. Fraga-Fragoselo. 3º de 35 m, desde o c. seccionamento que se proxecta en grupo escolar A Tintureira ata o empalme coa L.M.T. ó C.T. grupo escolar A Tintureira. C.T. de 160 kVA, R/T 15 kV-380/220 V na Tintureira. C. seccionamento con 3 liñas de manobra exterior. R.B.T. subterránea, con conductor tipo R.V., de 50 m de lonxitude, desde o C.T. A Tintureira. A instalación está situada no concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra