Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de licitación de obra, por concurso aberto, tramitado por vía de urxencia.

Por medio deste edicto faise público que o Concello de Vimianzo tramita a contratación da obra de urbanización da praza de Cambeda, T.M. de Vimianzo.

Esta obra está incluída no Plan POS-2003 da Deputación Provincial da Coruña, e ten un orzamento de licitación de 60.485,31 euros, IVE e demais impostos e gastos incluídos.

A presentación de ofertas deberá efectuarse dentro dos 13 días naturais contados desde a publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.

Aplícase o prego-tipo do contrato de obras, aprobado pola Deputación Provincial da Coruña, na modalidade de concurso, e que se publicou no BOP nº 205, do 3 de setembro de 2003.

Está previsto aplicar como criterios de valoración para a adxudicación a modalidade opción B que se publica no BOP, ó mesmo tempo que o anuncio de licitación en modelo normalizado.

Pódese obter copia de pregos e demais información que sexa precisa nas dependencias municipais de Secretaría, en horario de oficina. Teléfono: 981 71 60 01, fax: 981 71 66 50.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vimianzo, 20 de marzo de 2003.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA

DO RIBEIRO