Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.756

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DO RIBEIRO

ANUNCIO da modificación do xa publicado por esta fundación, no Diario Oficial de Galicia do 13 de xaneiro de 2003, polo que se expoñen as bases da convocatoria da praza de xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Ribeiro.

Os cambios no organigrama da Xunta de Galicia, polos que a entonces Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal dependente da Presidencia da Xunta de Galicia, pasa a ser agora a Dirección Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal adscrita á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, segundo se regula no Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, motivan a modificación da comisión de selección no seu día publicada, quedando do seguinte xeito:

V. Comisión de selección:

A comisión de selección estará formada polos seguintes membros:

-Presidente:

Titular: José Jesús Cudeiro Mazaira, presidente do padroado da fundación.

Suplente: Manuel López Casas, delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Ourense.

-Secretario:

Titular: Francisco Gil Zamora, vicepresidente do padroado da fundación.

Suplente: Francisco J. Fernández Pérez, secretario do padroado da fundación.

-Vocais:

José Mª Soriano Villalba, xefe de Asuntos Económicos da SDC.

José Figueroa Dávila, xefe de Acción Comarcal da SDC.

Rosario Álvarez Cao, xefa de Planificación e Estudios da SDC.

Ribadavia, 28 de febreiro de 2003.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Presidente do Padroado da Fundación para

o Desenvolvemento da Comarca do Ribeiro