Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto, da subministración de mobiliario para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 1804/320.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de mobiliario.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, dez.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 65.000 euros; lote 2: 26.500 euros; lote 3: 18.500 euros; lote 4: 8.200 euros; lote 5: 21.000 euros; lote 6: 6.700 euros; lote 7: 7.300 euros; lote 8: 5.400 euros; lote 9: 1.300 euros; lote 10: 4.000 euros.

5. Garantía provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación a publicar no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 7 de marzo de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde