1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación e Aforro. Nº de expediente: 3366/444.
2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento e reparación de instalacións de luz pública.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo: 180 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento: 83.456,58 euros/ano.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación a publicar no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.
Variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións.
11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.
Vigo, 7 de marzo de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde