De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo presidente do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante os Servicios Centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza de Europa, nº 10 A-2º, (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.
Víctor Tello Calvo
Presidente do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
Expediente: 15R001/11/02.
Interesado: Automoción Magley, S.L.
CIF: B-15634314.
Acto notificado: resolución expediente.
Importe: nove mil euros (9.000 euros).