Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación do servicio de mantemento das instalacións do Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE)

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2003/05/212/04.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de mantemento das instalacións do Instituto Galego de Estatística.

b) Prazo de execución: doce meses, contados desde a data do seu asinamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 21.000 euros.

5. Garantía provisional: 420 euros.

6.-Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 21.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas. No caso de que as proposicións se

envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 80.4 ºdo Regulamento xeral de contratación das administracións públicas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Data: o oitavo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións. En caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2304

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística