Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de febreiro de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-4-IV/75, conta 154 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 26 de febreiro de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Manuel Jorge García Neira e herdeiros.

Expte.: C-4-IV/75 (F.P. 122/2002).

Conta: 154.

R/ García Lorca, nº 12, 2º C, bloque 10, Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 7.968,85 euros.

-Jaime G. Garrido Bao e herdeiros.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 1/2003).

Conta: 1071.

Violetas, bloque 35, P-21, 2º esqda., Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 151,65 euros.

-María Moar Castelo e herdeiros.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 5/2003).

Conta: 691.

Camelias, bloque 24, P-13, 4º esqda., Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 711,36 euros.