Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.714

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Agoñe, S.L.U.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Agoñe, S.L.U. (código de convenio nº 8200752), que se subscribiu con data do 16 de xaneiro de 2003, entre a representación da empresa, e a delegada de persoal e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

I Convenio colectivo da empresa Agoñe, S.L.U.

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo establece as normas básicas e regula as condicións mínimas de traballo en Agoñe, Sociedad Limitada Unipersonal que afectará ó persoal que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma de Galicia e nos centros de traballo que estableza no futuro en calquera parte do territorio nacional.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio afecta a empresa Agoñe, S.L.U. que presta un servicio de asistencia domiciliaria, definido como un servicio comunitario de carácter social e polivalente, que mediante profesionais preparados e supervisados, está encamiñado a restablecer, manter e incrementa-lo nivel de benestar físico, psicolóxico, social e afectivo. Presta unha serie de atencións de carácter doméstico, persoal, social, e apoio afectivo, no ámbito asistencial, preventivo e educativo, contribuíndo a que as personas e/ou familias que teñen limitada a súa autonomía para o desenvolvemento das actividades da vida diaria, poidan continuar vivindo no seu fogar e/ou contorno mentres sexa posible e conveniente. Este servicio apoia os individuos e familias, facilitándolle a súa autonomía, atendendo na medida do posible a desenvolve-las capacidades do propio atendido.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Este convenio ten eficacia plena para os suxeitos mencionados no artigo 2º, sexa cal fose a categoría profesional dos traballadores/as ou o tipo de xornada que cumpran, sen outras salvidades ou exclusións que as recollidas na normativa laboral vixente en cada momento.

En canto ós altos cargos aplicarase o disposto nas disposicións específicas aplicables a estes casos.

Artigo 4º.-Duración e vixencia.

Este convenio colectivo entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2002 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 2005.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

Este convenio entenderase denunciado automaticamente o día 1 de outubro de 2005, debendo as partes inicia-las negociacións no prazo dun mes desde a dita data. Este convenio entenderase integramente prorrogado, tanto no seu contido normativo, como no seu contido obrigacional, ata que sexa asi

nado outro convenio de igual ámbito e natureza que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Manteranse aquelas melloras persoais e/ou colectivas que se teñan recoñecidas para os traballadores na actualidade ben sexan estas de carácter parcial ou total.

Artigo 7º.-Comisión negociadora.

A comisión negociadora quedará constituída polos representantes da empresa, os traballadores e polas organizacións sindicais máis representativas na empresa. A distribución dos seus membros está en función da representatividade.

Quedará constituída no prazo máximo dun mes, a partir da denuncia do convenio, con igual representatividade numérica entre ámbalas partes, actuando de presidente e secretario da dita mesa negociadora as persoas que os membros da mesa, por maioría de cada unha das representacións acorden.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria do convenio colectivo como órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia para o seu cumprimento.

Ámbalas partes conveñen en someter á comisión paritaria cantos problemas, discrepancias ou conflictos poidan xurdir na aplicación ou interpretación do convenio.

Esta comisión paritaria estará integrada por dous membros, un en representación da empresa e un en representación da central sindical asinantes deste convenio; ambos poderán ir acompañados dos seus respectivos asesores.

A comisión paritaria reunirase de forma ordinaria, por solicitude de calquera das dúas partes. A convocatoria deberá realizarse como mínimo con dez días de antelación á data fixada para a reunión e coa indicación da orde do día.

Capítulo II

Artigo 9º.-Organización e tempo de traballo.

A organización do traballo é facultade e responsabilidade da dirección da empresa, con suxeición a este convenio colectivo e á lexislación vixente que estas asignan á representación unitaria ou sindical do persoal.

A representación do persoal terá, en todo caso, no relacionado coa organización e racionalización do traballo, as funcións que lle asignan o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Con independencia do disposto no parágrafo anterior cando se establezan ou modifiquen condicións de traballo que afecten a un colectivo, deberá ser informada a representación legal do persoal.

Capítulo III

Artigo 10º.-Clasificación profesional e definición de categorías.

Establécense os grupos profesionais, segundo o nivel de titulación, coñecemento ou experiencia esixidas para o seu ingreso. En virtude da tarefa que se vai realizar e da idoneidade da persoa, cando non se crea necesario a esixencia de titulación, o contrato determinará o grupo no cal se ten que integra-la persoa contratada de acordo cos coñecementos e as experiencias necesarias con relación ás funcións que se van exercer.

-Grupo A: director xerente.

-Grupo B: tituladas/os medios.

-Grupo C: persoal técnico e mandos medios.

-Grupo D: persoal auxiliar.

-Grupo E: persoal subalterno.

* Oficial administrativo/a: é o traballador/a que actúa segundo as ordes da dirección da empresa e que, con autonomía suficiente, realiza coa máxima perfección traballos burocráticos que requiren iniciativa técnica administrativa ou calquera outra de similares características.

* Auxiliar administrativo/a: é o traballador/a que se dedica a realizar tarefas administrativas elementais e en xeral as puramente mecánicas inherentes ó traballo de oficina ou despacho.

* Psicólogo/a: é o traballador con titulación profesional psicosocial e con experiencia suficiente para realiza-las seguintes funcións:

-Redactar informes psicosociais, perfil psicolóxico do usuario/a e grao de depresión.

-Outras funcións de similares características.

-DUE: é o traballador/a con titulación profesional sanitaria e con experiencia suficiente para realiza-las seguintes funcións:

-Control de diabete.

-Control da tensión arterial.

-Realizar limpezas de curas.

-Outras funcións de similares características.

* Traballador/a social: é o traballador/a con titulación profesional social e con experiencia suficiente, que desempeña tarefas de coordinación, xestión e organización do SAD, ademais do seguimento do traballo do persoal auxiliar de axuda a domicilio, para conseguir unha boa calidade do dito servicio e que é desempeñado preferentemente por diplomados/as en traballo social.

Funcións:

-Coordinación de traballo con cada auxiliar, de forma individual ou en grupo.

-Seguimento e valoración do traballo con cada auxiliar, de forma individual e en grupo.

-Coordinación periódica co técnico/a responsable do SAD e con outros profesionais.

-Elaboración e entrega dos partes de traballo ó persoal auxiliar.

-Participación na formación continuada de auxiliares e deseño dos cursos en materia de servicios sociais, na medida en que se establezan, os plans de formación da empresa e do sector.

-Outras funcións análogas, de acordo coa súa categoría profesional e con outras condicións establecidas nos pregos de condicións das entidades ou persoas físicas con que se contrate. E, en xeral, outras funcións técnicas, de control, etc. que a empresa estime necesarias para a organización e desenvolvemento do servicio.

* Traballador/a social adxunto: é o traballador/a con titulación profesional social e sen experiencia profesional ou con experiencia profesional inferior a un ano, que desempeñará o seguimento do traballo do persoal auxiliar de axuda a domicilio, para conseguir unha boa calidade do dito servicio e que é desempeñado preferentemente por diplomados/as en traballo social.

Funcións:

-Coordinación de traballo con cada auxiliar, de forma individual.

-Seguimento e valoración do traballo con cada auxiliar, de forma individual.

-Coordinación periódica co técnico/a responsable do SAD e con outros profesionais.

-Elaboración e entrega dos partes de traballo ó persoal auxiliar.

* Auxiliar de servicios sociais: o seu traballo consistirá, basicamente, en apoia-los labores de coordinación co persoal auxiliar e de seguimento dos usuarios así como de cantas outras funcións lle sexan delegadas polo traballador/a social.

Terá que desenvolver, entre outras, as seguintes funcións:

-Realiza-lo cadro de incidencias (suplencias de auxiliares).

-Comunicación e avisos telefónicos con auxiliares e usuarios.

-Recollida de datos para a facturación e productividade.

-Outras funcións de similares características.

* Encargada/o de zona: o seu traballo consistirá, basicamente, en apoia-los labores de coordinación. Terá que desenvolver, entre outras, as seguintes funcións:

-Coordinación coas auxiliares de axuda a domicilio (no caso de non haber presencia directa da empresa na provincia).

-Eleva-las incidencias á dirección da empresa.

-Seguimento ós usuarios.

-Outras funcións de similares características.

* Teleoperador de teleasistencia: o seu traballo consistirá, basicamente, en controla-los casos de urxencia mediante un sistema de teleasistencia domiciliaria. Terá que desenvolver, entre outras, as seguintes funcións:

-Avisos de toma de medicación.

-Alerta-los servicios de urxencias.

-Manter conversa cos usuarios que o soliciten mediante alerta.

-Eleva-las incidencias diarias á dirección da empresa.

* Lavandeiro: o seu traballo consistirá, basicamente, en:

-Lavar, secar e pasa-lo ferro a ropa que os usuarios nos encomenden.

-Outras funcións de similares características.

* Perruqueiro: o seu traballo consistirá en:

-Peitea-los usuarios.

-Afeita-los usuarios.

-Coidado de mans e pés.

-Outras funcións de similares características.

As categorías profesionais son as que se detallan na táboa salarial deste convenio (ver anexo I).

Artigo 11º.-Emprego.

Co obxectivo de dotarnos dun modelo de relacións laborais estable, que beneficie tanto á empresa como ó persoal, que contribúa á competitividade das empresas, á mellora do emprego e á reducción da temporalidade e rotación deste e co fin de conseguir que a atención ós usuarios sexa da maior calidade e máis cualificada posible, determínanse os seguintes criterios sobre modalidades de contratación.

Contrato indefinido.

É o que se concerta sen establecer límites de tempo na prestación de servicios. Adquirirán a condición de persoal fixo, calquera que fose a modalidade da súa contratación, o persoal que non fose dado de alta na Seguridade Social, unha vez transcorrido un prazo igual ó legalmente fixado para o período de proba e o persoal con contrato temporal celebrado en fraude de lei.

Contratos eventuais.

É o que se concerta para atende-las circunstancias do mercado: acumulación de tarefas, contemplado no artigo 15.1º b) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo). Poderán ter unha duración máxima de trece meses, dentro dun período de dezaoito meses, contados a partir do momento en que se produzan estas causas. Se se subscribe por

un período inferior á duración máxima permitida poderá prorrogarse, unha soa vez, sen que a duración total supere a duración máxima.

Contratos de obra ou servicio determinado.

As contratacións celebradas ó abeiro deste contrato deben supoñer un servicio concreto e determinado que abranga o obxecto e a causa da relación laboral, é dicir, servicios específicos e que facilmente se poida concretar no tempo ou no espacio, a execución dos cales esgote tanto a prestación, como a obra ou servicio de que se trate. A relación laboral permanecerá vixente, por adscrición ó centro de traballo, mentres continué a prestación da actividade ou servicio pola que se estableceu a relación contractual.

Estabilidade no emprego.

Co obxectivo de fomenta-la contratación indefinida e de dotar de maior estabilidade ós contratos vixentes acórdase que a empresa deberá ter unha taxa de estabilidade do 25% de persoal con contratos indefinidos a 31 de decembro de 2002, un 28% a 31 de decembro de 2003, un 31% a 31 de decembro de 2004 e un 34% a 31 de decembro de 2005.

Para calcula-la porcentaxe anteriormente referenciada terase en conta o censo do cadro de persoal ó 31 de decembro do ano anterior.

Para dar efectividade ó cumprimento das porcentaxes acordadas, a empresa disporá a partir do 31 de outubro de cada ano para transforma-los contratos temporais necesarios ata completa-la porcentaxe de contratos indefinidos por orde de maior antigüidade, excluíndo os contratos interinos para substitución de persoal.

Artigo 12º.-Período de proba.

Establécese un período de proba, a teor do regulado no Estatuto dos traballadores.

Grupo A: seis meses.

Grupo B: corenta e cinco días laborables.

Grupo C: trinta días laborables.

Grupo D: trinta días laborables.

Grupo E: catorce días laborables.

O período de proba deberá ser pactado por escrito podendo as partes contratantes resolver durante a súa vixencia, de forma unilateral e libremente a relación laboral sen necesidade de aviso previo e sen dereito a ningunha indemnización.

Artigo 13º.-Cesamentos na empresa.

O persoal que voluntariamente desexe causar baixa na empresa deberá notificarllo a esta por escrito, recibindo xustificante de recepción da dita petición polo menos coa antelación seguinte á data da súa baixa definitiva.

Grupo A: dous meses.

Grupo B: un mes.

Grupo C: un mes.

Grupo D: vinte días.

Grupo E: catorce días.

A falta de aviso previo establecido facultará a empresa para deducir das partes proporcionais que hai que aboar no momento da liquidación o equivalente diario da súa retribución real por cada día que falte no regulamentario aviso previo anteriormente fixado.

A empresa vén obrigada a xustifica-la recepción das comunicacións efectuadas polo traballador.

Artigo 14º.-Actualización de cadros de persoal.

A empresa elaborará as correspondentes relacións nominais dos traballadores que comprendan o persoal e os servicios ós que quedan asignados en función dos diferentes concursos, entregando unha copia no prazo dun mes desde a entrada en vigor destes ós representantes dos traballadores. Esta relación actualizarase cada seis meses e cando exista cambio de titularidade no servicio ou contrata, tanto da empresa saínte como da entrante.

Capítulo IV

Artigo 15º.-Ingreso e provisión de vacantes.

Dadas as peculiaridades e características do servicio de axuda a domicilio, no que existe unha alta porcentaxe de contratación a tempo parcial, a empresa procurará a ampliación da xornada de traballo do persoal que teña unha xornada inferior ó 100% da establecida en convenio colectivo, co fin de supli-la xornada que deixen vacantes aqueles que causen baixas na empresa ou se encontren en situación de IT ou de vacacións.

Non obstante o anterior, no momento en que o traballador ou traballadora nestas situacións se reincorporen ó seu posto de traballo, os traballadores ou traballadoras ós que se lles ampliará a xornada volverían á súa situación orixinal.

Así mesmo, procederase de acordo co establecido no punto 1 cando, debido á asignación de novos usuarios, existan vacantes por cubrir.

En calquera caso, como consecuencia do exceso ou defecto que puidese producirse entre as horas realizadas e as reflectidas como xornada establecida no contrato de traballo, efectuarase unha regulación de horas de carácter cuadrimestral.

Sempre que organizativamente for posible, a empresa elaborará coa representación dos traballadores unha bolsa de traballo que sirva de base para facer ampliacións de xornada e cubrir vacantes.

Artigo 16º.-Traballos de superior e inferior categoría.

Queda prohibido destina-lo persoal a realizar tarefas correspondentes a unha categoría inferior.

Cando se destine o persoal a tarefas correspondentes a unha categoría superior, por un período

superior a 6 meses durante un ano ou a 8 meses durante 2 anos, poderá reclama-lo ascenso sempre que estea en posesión da titulación correspondente e o posto o requira. Percibindo non obstante a diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 17º.-Xornada e horario de traballo.

A xornada será:

-Para o ano 2002: 40 horas semanais.

-Para o ano 2003: 40 horas semanais.

-Para o ano 2004: 40 horas semanais.

-Para o ano 2005: 40 horas semanais.

Artigo 18º.-Descanso semanal.

O persoal terá dereito a un descanso mínimo semanal dun día e medio (36 horas) sen interrupción.

A partir do 1 de xaneiro de 2003, garántese que o descanso semanal coincida, como mínimo, nunha fin de semana ó mes, é dicir, en sábado e domingo. A partir do 1 de xaneiro de 2004, garántese que o descanso semanal coincida, como mínimo, en dúas fins de semana ó mes.

Anualmente a empresa elaborará un calendario laboral.

Artigo 19º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais será retribuído, a duración será de trinta días naturais. Naqueles casos que non se completase o ano de traballo efectivo, terán dereito á parte proporcional. As vacacións desfrutaranse preferentemente durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O período de desfrute fixarase nun período de trinta días ou en dous períodos de quince días de mutuo acordo entre o persoal e a empresa, non podendo realizarse máis fraccións, respectándose sempre os seguintes criterios:

a) O réxime de quendas de vacacións farase por rigorosa rotación anual do persoal entre os distintos meses, iniciándose esta rotación o primeiro ano, por antigüidade na empresa. Para tal efecto constituiranse as correspondentes quendas de vacacións. Estas quendas faranse de acordo co calendario laboral, segundo as prestacións do servicio.

O inicio do período de vacacións de desfrute das festas aboables, non pode coincidir cun día de descanso semanal, de forma e maneira, que nestes casos se entenderán iniciadas as vacacións ó día seguinte do descanso semanal. Se o regreso das vacacións coincide co día libre, este deberá respectarse, reiniciándose o traballo ó día seguinte.

b) O calendario de vacacións elaborarase no primeiro trimestre de cada ano e, en todo caso, cun mínimo de dous meses desde o seu comezo.

Unha vez iniciado o seu desfrute, se se produce situación de IT, este período non se interrompe nin é conmutable por novos períodos. O persoal, sen

embargo, neste caso terá dereito ás súas percepcións salariais a razón da totalidade dos seus haberes durante a duración das vacacións.

As vacacións teñen que se desfrutar durante o ano natural, non sendo posible acumulalas a anos seguintes nin poden ser compensables economicamente salvo os casos de liquidación por liquidación. Por iso, calquera que sexa a causa, o non desfrute durante o ano natural supón a súa perda ou da fracción pendente de desfrute.

Artigo 20º.-Xubilación ós 64 anos.

Como medida de fomento de emprego, convense que o persoal con 64 anos de idade que desexen acollerse á xubilación anticipada co 100 por 100 da prestación, sempre que reúnan os requisitos de carencia e cotización correspondentes, poderán facelo, estando neste caso a empresa obrigada a substituílo na forma e condicións que veñen reguladas polo Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, nos seus artigos 1 e 2.

Artigo 21º.-Xubilación ós 65 anos.

O persoal, independentemente do grupo profesional ó que pertenzan, deberá xubilarse forzosamente ó cumpri-los 65 anos de idade, salvo que no dito momento non poida acredita-los requisitos correspondentes a tal fin, como son os períodos de carencia de cotización, neste caso, logo de acordo coa empresa, a obriga poderá quedar supeditada e atrasada ó momento en que se reúnan estes.

Artigo 22º.-Xubilación parcial.

O persoal poderá acollerse á xubilación parcial despois de cumpri-los 60 anos, ata o cumprimento dos 65 anos, simultánea cun contrato de traballo a tempo parcial e vinculada a un contrato de substitución concertado cun traballador/a en situación de desemprego.

Capítulo V

Artigo 23º.-Estructura retributiva.

a) Salario base: é a parte da retribución do persoal fixada por unidade de tempo e en función do seu grupo e categoría profesional, con independencia da remuneración que corresponda por posto de traballo específico ou calquera outra circunstancia.

b) Gratificacións extraordinarias: aboaranse dúas pagas extraordinarias, con devengo semestral, equivalentes a unha mensualidade de salario base, a primeira con devengo do 1 de decembro ó 31 de maio e aboamento o día 15 de xuño e a segunda con devengo do 1 de xuño ó 30 de novembro e aboamento o día 15 de decembro. Estas gratificacións poderanse ratear de mutuo acordo, entre as dúas partes.

c) Complemento de transporte: establécese un complemento non salarial, non cotizable á Seguridade Social na contía reflectida no anexo I, descontando absentismo e vacacións.

Artigo 24º.-Revisión salarial.

Todos aqueles traballadores que perciban, polos diferentes conceptos, cantidades superiores ás establecidas neste convenio, verán revisadas estas cantidades, en cada ano da súa vixencia, pola media aritmética resultante entre o IPC real do ano anterior e o IPC previsto para o ano de que se trate. No caso de que esta media aritmética fose inferior ó IPC previsto, aplicarase ese.

Artigo 25º.-Complemento de transporte.

Cando exista un desprazamento fóra da súa localidade habitual de traballo, a empresa aboará a cantidade de 0,17 A/km de percorrido. Se o traballador tivese que utilizar transporte público para a prestación do seu traballo, a empresa asumirá ou facilitará o importe do medio de transporte que se utilice. So se aboarán os quilómetros que excedan de 15 quilómetros diarios.

Artigo 26º.-Complemento de nocturnidade.

Nos casos excepcionais que precisen a realización de horas nocturnas, os traballadores percibirán un incremento por cada hora da súa xornada nocturna a razón das seguintes contías:

-Ano 2002: 1,14 A/hora.

-Ano 2003: 1,20 A/hora.

-Ano 2004: 1,26 A/hora.

-Ano 2005: 1,35 A/hora.

Artigo 27º.-Complemento por domingos ou festivos.

Quen teña que realiza-lo seu traballo en domingos ou festivos percibirá un incremento por cada hora da súa xornada realizada nestes días consistentes en:

-Ano 2002: 1,20 A/hora.

-Ano 2003: 1,26 A/hora.

-Ano 2004: 1,35 A/hora.

-Ano 2005: 1,44 A/hora.

Artigo 28º.-Axudas de custo.

Cando o traballador por causa do servicio non poida comer, ou pernoitar na súa localidade, logo de autorización da empresa, terá dereito ó percibo de 18,78 A.

Concrétase que os conceptos que compoñen a axuda de custo se fixan nas seguintes contías:

-Xantar: 6,01 A.

-Cea: 3,75 A.

-Pernoita e almorzo: 9,02 A.

Artigo 29º.-Retribución en caso de incapacidade temporal.

Ós traballadores afectados por incapacidade temporal por enfermidade común, a empresa complementará a prestación á que o traballador teña dereito ata o 85% desde o primeiro día da baixa e a partir

do cuarto día un 90%. A partir do ano 2004 ese complemento será do 90% desde o primeiro día e a partir do cuarto dun 95%.

Artigo 30º.-Retribución por incapacidade temporal en accidente de traballo.

En caso de incapacidade temporal por accidente laboral, a empresa aboará como mellora económica unha retribución que alcanzará ata o 100% das súas retribucións, nos casos en que a IT estea causada por accidente laboral ou enfermidade profesional.

Artigo 31º.-Recibos de salarios.

A empresa expedirá os recibos de salarios xustificativos deste, tamén se fai patente a obrigatoriedade, por parte do persoal, de asinalos e recollelos.

Este recibo, que se axustará a algún modelo oficial aprobado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, deberá conter, perfectamente desagregados e especificados, tódolos conceptos salariais, así como as retencións, cotizacións, tributacións e as súas bases de cálculo.

Para facer efectivos estes aboamentos, usarase calquera dos sistemas legalmente autorizados, a xuízo e arbitrio da empresa (cheques, transferencias, metálico, etc.)

Os salarios mensuais deberán aboarse nos catro primeiros días de cada mes.

Capítulo VI

Artigo 32º.-Saúde laboral.

1. Principios xerais.

De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, o persoal ten dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber da empresa na protección do persoal ó seu servicio fronte ós riscos laborais.

En cumprimento do deber de protección, a empresa garantirá a seguridade e a saúde do persoal ó seu servicio en tódolos aspectos relacionados co traballo. Igualmente a empresa está obrigada a garantir unha formación teórica e práctica suficiente e adecuada en materia preventiva, ó igual que cando se produzan cambios de actividades, tarefas ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios de posto de traballo, ó persoal. Esta formación impartirase preferentemente en horario de traballo.

Correspóndelle a cada traballador velar polo cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adoptadas.

2. Participación do persoal

2.a. Delegados de prevención.

Os delegados de prevención son, dun lado, a base sobre a que se estructura a participación do persoal en todo o relacionado coa saúde laboral, no ámbito

da empresa, e doutro, a figura especializada de representación en materia de prevención de riscos laborais.

O nomeamento, as competencias e facultades dos delegados de prevención serán definidas nos artigos 35 e 36 da Lei de prevención de riscos laborais, así como as que emanen das decisións do comité central de seguridade e saúde e as que se acorden no regulamento do propio comité.

Poderá ser nomeado delegado de prevención calquera traballador que a representación legal do persoal do centro estime. As súas competencias e facultades son as recollidas no artigo 36 da Lei de prevención de riscos laborais e a participación na avaliación de riscos.

Artigo 33º.-Drogodependencias.

O consumo de drogas legais e ilegais implica problemas de saúde con repercusións individuais e colectivas. O inicio ou incremento do consumo de drogas (fundamentalmente alcohol e tabaco) no medio laboral vén en moitos casos determinado por condicións de paro, precariedade ou malas condicións no traballo. De aí que se estime conveniente incluír neste convenio o seguinte plan integral na súa vertente preventiva, asistencia, reinsertiva, participativa, non sancionadora, voluntaria e planificada:

Preventiva. Poranse medidas educativas, informativas e formativas que motiven a reducción e o uso inadecuado de drogas e promocións hábitos saudables.

Así mesmo, potenciarase a modificación de factores de risco e a mellora das condicións de traballo.

Asistencia. Facilitarase tratamento a aquel que o solicite voluntariamente. Para tal efecto realizaranse e aplicaranse programas de asistencia específicos polos servicios de prevención.

Reinsertiva. O obxectivo fundamental de toda acción é devolve-la saúde ó suxeito e facilita-la reincorporación do persoal ó seu posto de traballo.

Participativa. Toda iniciativa empresarial relacionada coas drogodependencias será consultada, con carácter previo á representación do persoal ou no seu defecto ó propio persoal.

Non sancionadora. O persoal que se acolla a un programa de tratamento non poderá ser obxecto de sanción ou despedimento e aseguraráselle a súa reincorporación inmediata ó seu posto de traballo.

Artigo 34º.-Vixilancia da saúde.

1. O empresario garantiralles ós traballadores ó seu servicio a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó traballo.

Esta vixilancia só se poderá levar a cabo cando o persoal preste o seu consentimento. Deste carácter voluntario só se exceptuarán, logo de informe dos representantes do persoal, os supostos nos que a realización dos recoñecementos sexa imprescindible

para avalia-los efectos das condicións de traballo sobre a saúde do persoal ou para verificar se o estado de saúde do persoal pode constituír un perigo para este, para os demais traballadores ou para outras persoas relacionadas coa empresa ou cando así estea establecido nunha disposición legal en relación coa protección de riscos específicos e actividades de especial perigosidade.

En todo caso deberase optar pola realización daqueles recoñecementos ou probas que causen as menores molestias ó persoal e que sexan proporcionais ó risco.

As revisións realizaranse en horas de traballo, cando coincida coa súa quenda habitual.

2. As medidas de vixilancia e control da saúde do persoal levarase a cabo respectando sempre o dereito á intimidade e á dignidade da persoa e a confidencialidade de toda a información relacionada co seu estado de saúde.

3. O persoal será informado de maneira conveniente e confidencialmente dos resultados dos exames de saúde ós que fose sometido.

4. O persoal que no desenvolvemento da súa actividade se encontre sometido a un risco específico terán dereito a unha revisión anual, sobre ese risco, a cargo da empresa.

Artigo 35º.-Roupa de traballo.

A empresa está obrigada a facilitar polo menos dous uniformes, incluíndo unha peza de roupa de abrigo (sempre e cando estean obrigados a saír ó exterior), e un par de calzado ó ano, homologados segundo a lexislación vixente, así como medios de protección persoal de carácter preceptivo adecuados, ó persoal, para o exercicio das súas funcións. O persoal estará obrigado a usar, durante a realización do seu traballo, a roupa facilitada pola empresa, así como do seu coidado.

Artigo 36º.-Protección á maternidade.

Se tras efectua-la avaliación de riscos por parte da empresa e o comité de seguridade e saúde, existisen postos de traballo que poidan influír negativamente na saúde da traballadora, durante o seu embarazo ou a lactación, ou do feto, o empresario deberá adopta-las medidas necesarias para evita-la exposición da traballadora ó dito risco. Cando a adaptación non fose posible ou a pesar de tal adaptación, as condicións do posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da muller traballadora embarazada ou do feto, esta deberá desempeñar un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado.

No suposto de que o cambio de posto non resultase técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados, poderá declararse o paso da traballadora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo, contemplada no artigo 45.1º d) do Estatuto dos traballadores, durante o período

necesario para a protección da súa seguridade ou da súa saúde e mentres persista a imposibilidade de reincorporarse ó seu posto anterior ou a outro posto compatible co seu estado. Neste suposto a empresa contemplará as prestacións da Seguridade Social ata o importe íntegro das súas retribucións desde o primeiro día. En todo caso aplicarase o disposto no artigo 26 da Lei de prevención de riscos laborais.

As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada laboral.

Artigo 37º.-Seguro colectivo de accidentes.

A empresa ten concertada unha póliza de seguros a favor dos seus traballadores por unha contía de 18.000 A para o caso de morte ou invalidez permanente total, absoluta, ou gran invalidez, que sexa ocasionada por accidente laboral ou enfermidade profesional.

A partir do ano 2004 esta póliza renovarase ata alcanza-la cantidade asegurada de 24.040 A para os casos anteriormente mencionados. Esta póliza terá vixencia a partir da publicación deste convenio.

Artigo 38º.-Seguro de responsabilidade civil.

A empresa ten concertada unha póliza de responsabilidade civil para calquera dano producido pola empresa ou traballador ó usuario, este seguro será por unha contía mínima de 60.000 A.

Capítulo VII

Artigo 39º.-Principios xerais da formación.

De conformidade co que prevén o artigo 23 do Estatuto dos traballadores, e para facilita-la súa formación e promoción profesional, o persoal afectado por este convenio, terá dereito a ver facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais recoñecidos oficialmente, a realización de cursos de perfeccionamento profesional organizados pola propia empresa ou outros organismos.

Artigo 40º.-Obxectivos da formación.

1. A formación profesional na empresa orientarase cara ós seguintes obxectivos:

a) Adapta-lo titular ó posto de traballo e ás súas modificacións.

b) Actualizar e pór ó día os coñecementos profesionais esixibles na categoría e posto de traballo.

c) Especializar, nos seus diversos graos, nalgún sector ou materia do propio traballo.

d) Facilitar e promove-la adquisición polo persoal de títulos académicos e profesionais.

e) Reconversión profesional.

f) Coñecer idiomas nacionales e estranxeiros.

g) Adapta-la mentalidade do persoal e das direccións cara a unha dirección participativa por obxectivos.

h) Amplia-los coñecementos do persoal que lle permita prosperar e aspirar a promocións profesionais e adquisición dos coñecementos correspondentes a outros postos de traballo.

i) Formar teórica e practicamente de maneira suficiente e adecuada en materia preventiva cando se produzan cambios nas funcións que se desempeñen ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo e nas condicións que se establece o artigo 19 da Lei de prevención de riscos laborais.

j) Homologa-las certificacións acreditativas da formación continua en todo o ámbito sociosanitario. e proporlle ó Instituto Nacional de Cualificacións a homologación das certificacións.

Artigo 41º.-Permisos individuais de formación (PIF).

Acórdase a asunción do establecido na convocatoria dos PIF; non obstante, a empresa non poderá denega-las cinco primeiras solicitudes presentadas polos traballadores.

Artigo 42º.-Permisos para a asistencia a exames.

Os traballadores afectados por este convenio terán dereito a:

Usa-los permisos necesarios para acudir a exames oficiais, trala comunicación previa á empresa cun período mínimo de 15 días, non sendo que o traballador non coñeza o día do exame coa dita antelación.

Capítulo VIII

Artigo 43º.-Licencias.

O persoal logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 16 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días naturais nos casos de nacemento ou adopción de fillo ou polo falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de convivente e intervención cirúrxica, parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. No suposto de que o persoal necesite facer un desprazamento para tal efecto, fóra da provincia ou comunidade autónoma uniprovincial, salvo que a distancia fose inferior a 50 km ou por causa realmente xustificada, o prazo verase ampliado a 5 días. Poderán ampliarse estes días descontando os festivos aboables e/ou vacacións, logo de solicitude do persoal.

c) 2 días por traslado do domicilio habitual.

d) 1 día pola voda do pai, nai, fillos ou irmáns, incluídos os políticos.

e) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

f) A partir do ano 2003, un día de permiso retribuído ó ano, á elección do traballador, con aviso á empresa de sete días de antelación e que, en ningún caso, coincidirá con días de ponte; tampouco será posible que goce este permiso ó mesmo tempo máis do 5% do cadro de persoal.

g) Os traballadores terán dereito a permisos para asistir á consulta médica oficial, sempre referida ó propio traballador sempre que o horario desta teña lugar dentro da súa xornada laboral.

Artigo 44º.-Licencias non retribuídas.

Licencia por asuntos propios; tres meses ó ano, computándose dunha soa vez ou fracción, non coincidente cos meses de xullo, agosto e setembro, solicitado cunha antelación de 20 días, agás casos de urxente necesidade. Poderá pactarse entre empresa e persoal a prórroga deste período sen exceder en ningún caso dos seis meses.

Artigo 45º.-Excedencias.

O persoal fixo que acredite polo menos un ano de antigüidade na empresa poderá solicitar unha excedencia voluntaria non inferior a un ano nin superior a cinco.

A excedencia entenderase concedida sen dereito a ningunha retribución e este período non computará para efectos de antigüidade.

Esta excedencia solicitarase sempre por escrito cunha antelación de polo menos trinta días á data do seu inicio, a non ser por casos demostrables de urxente necesidade, debendo recibir contestación, así mesmo, escrita por parte da empresa no prazo de cinco días.

Antes de rematala e cunha antelación de polo menos trinta días antes da súa finalización, deberá solicitar por escrito o seu ingreso.

O persoal en situación de excedencia terá unicamente un dereito preferencial ó ingreso na súa categoría ou similar se trala súa solicitude de reingreso existise algunha vacante nela. En caso contrario, encontrarase en situación de dereito expectante.

Se ó rematar esta ou durante a súa vixencia desexa incorporarse ó traballo e non existen vacantes na súa categoría e se nunha inferior e desexase incorporarse a esta, poderá facelo coas condicións desta nova categoría para poder acceder á súa no momento que se produza a primeira posibilidade.

En ningún caso, salvo concesión concreta ó respecto, poderá solicitar excedencia para incorporarse a presta-los seus servicios en entidades similares ás comprendidas por este convenio.

El persoal acollido a unha excedencia voluntaria non poderá optar a unha nova ata transcorridos dous

anos de traballo efectivo, despois de esgotada a anterior.

Artigo 46º.-Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade nos seguintes supostos:

a) Designación ou elección dun cargo público.

b) O persoal que sexa elixido para un cargo sindical, de ámbito local ou superior, poderá así mesmo, solicitar unha excedencia especial por todo o tempo que dure o seu nomeamento, con reincorporación automática ó seu posto de traballo unha vez que finalice esta.

Artigo 47º.-Excedencia especial por maternidade e coidado de familiares.

Excedencia especial por maternidade.

O persoal terá dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa ou a partir de que finalice o descanso obrigatorio por maternidade.

O nacemento ou adopción de novos fillos xerará o dereito a futuras e sucesivas excedencias, que en todo caso, darán fin á anterior.

O período en que o persoal permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o persoal terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación dos cales deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido este prazo de reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Esta opción só pode ser exercida por un dos pais en caso de que ambos traballen.

Excedencia por coidado de familiares.

Tamén terá dereito a un período de excedencia, de duración non superior a un ano, o persoal para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída. Este período de excedencia será computable para efectos de antigüidade e o persoal terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación dos cales deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación.

En todo caso aplicarase o disposto na Lei 39/1999, de conciliación da vida laboral e familiar.

Artigo 48º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

O persoal, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Poderase substituír este dereito por unha reducción da súa xornada nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado pola nai ou o pai en caso de que ambos traballen.

Quen por razóns de garda legal ou titoría teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial ou persoa maior en situación de dependencia, que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da súa xornada de traballo, coa diminución proporcional de salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela. Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da reducción de xornada previsto neste artigo, corresponderá ó persoal, dentro da súa xornada ordinaria.

Capítulo IX

Artigo 49º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa e os delegados de persoal terán, entre outros os seguintes dereitos e funcións, ademais dos citados no artigo 64 do Estatuto dos traballadores:

a) Ser informados, previamente, de tódalas sancións impostas na súa empresa por faltas graves e moi graves.

b) Coñecer, trimestralmente polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistros, os estudios periódicos ou especiais do ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

c) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e ocupación e tamén o resto dos pactos, condicións e usos do empresario en vigor, formulando, se é necesario as accións legais pertinentes ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

d) De vixilancia e control das condicións de seguridade e saúde no exercicio do traballo na empresa coas particularidades que prevé neste sentido o artigo 19 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 50º.-Garantías dos representantes do persoal.

Ademais das garantías que preveñen as alíneas a), b), c) e d) do artigo 68 do Estatuto dos tra

balladores, os representantes do persoal disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas de acordo coa seguiente escala:

-De 0 a 25 traballadores/as: 20 horas.

-De 26 a 50 traballadores/as: 25 horas.

-De 51 a 100 traballadores/as: 30 horas.

-De 101 a 250 traballadores/as: 35 horas.

-De 251 en diante: 40 horas.

A utilización do crédito terá dedicación preferente coa única limitación da obriga de comunicar, previamente, o seu inicio e tamén a incorporación ó traballo no momento de producirse.

O crédito de horas mensuais retribuídas para os representantes poderá acumularse nun ou diversos delegados, deberá ser comunicado coa antelación suficiente.

Así mesmo, facilitaranse taboleiros de anuncios para que, baixo a responsabilidade dos representantes sindicais, se coloquen aqueles avisos e comunicacións que teña que efectuar e que se crean pertinentes. Os anteditos taboleiros distribuiranse nos puntos e lugares visibles para permitir que a información chegue facilmente ó persoal.

Artigo 51º.-Seccións sindicais.

A empresa respectará os dereitos do persoal a sindicarse libremente. Permitirán que o persoal afiliado a un sindicato poida celebrar reunións, recoller cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal.

Non poderá condiciona-la ocupación do persoal o feito de que estea ou non afiliado ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco poderá incomodalo ou prexudicalo de ningunha outra forma, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Na empresa haberá un taboleiro de anuncios nos que os sindicatos implantados poderán inseri-las súas comunicacións.

Os sindicatos ou confederacións poderán establecer seccións sindicais nas empresas ou agrupacións provinciais (entendéndose que teñen esta consideración os que figuran como tales nos procesos electorais).

A representación das seccións sindicales será ejercida por un/a delegado/a sindical, que deberá ser persoal en activo da empresa respectiva.

A función do delegado sindical será a de defende-los intereses do sindicato ou confederación á que representa e dos seus afiliados na empresa, e servir de instrumento de comunicación entre o seu sindicato ou confederación e a empresa, de acordo coas funcións reflectidas na LOLS. A requirimento do delegado sindical, a empresa descontará na nómina mensual do persoal o importe da cota sindical correspondente e coa autorización previa do persoal.

A empresa e as organizacións sindicais máis representativas poderán acordar sistemas que permitan

a realización das tarefas sindicais a prol dun determinado número de persoal que pertenza a algunha das organizacións citadas.

Os delegados sindicais gozarán dos mesmos dereitos e garantías que os representantes do persoal nos comités de empresa ou delegados de persoal.

Asembleas.

Os delegados de persoal, comités de empresa, seccións sindicais ou o 20 por 100 do total do cadro de persoal, no caso de ter máis de 50 traballadores, e o 30 por 100 nos de menos de 50 traballadores, poderán convocar reunións cun mínimo de 24 horas, logo de comunicación á empresa, dentro de horas de traballo e cun máximo anual para a súa realización de 50 horas. Non se poderán acumular de mes en mes e cun tope de 10 horas mensuais. A comunicación expresará a orde do día dos temas que se van tratar.

Mesas negociadoras:

Ó persoal que participe nas comisións, paritaria ou negociadora do convenio seralles concedido permiso retribuído co fin de facilitárlle-lo seu labor negociador e durante o transcurso das anteditas negociacións.

Capítulo X

Artigo 52º.-Réxime disciplinario.

O persoal poderá ser sancionado pola empresa, en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación das faltas e sancións seguintes:

a) Faltas leves.

-O atraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das tarefas encomendadas.

-Ata 3 faltas de puntualidade, de entre dez e vinte minutos de atraso, ó inicio da xornada laboral, dentro dun mes.

-Abandona-lo posto de traballo ou o servicio por breve tempo durante a xornada sen causa xustificada.

-A falta de aseo e limpeza persoal.

-Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio, residencia, ou situación familiar que poida afectar ás obrigas tributarias ou da Seguridade Social.

-Alterar sen autorización de coordinación os horarios dos servicios recollidos nos partes de traballo.

-Fumar durante a prestación do servicio.

-A falta de asistencia a unha reunión de coordinación, sen causa xustificada.

-A falta de asistencia ó traballo dun día, sen causa xustificada.

a) Faltas graves.

-O incumprimento ou abandono das normas e medidas establecidas de seguridade e saúde no traballo, cando del se poidan derivar riscos para a saúde e a integridade física.

-O abuso de autoridade no desempeño de funcións.

-Non comunica-la ausencia ó traballo, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

-Máis de tres faltas de puntualidade superior a vinte minutos ó inicio da xornada laboral, dentro dun mes natural.

-A falta de asistencia a dúas reunións de coordinación, sen falta xustificada dentro dun trimestre.

-A falta de asistencia ó traballo dous ou tres días, sen causa xustificada dentro dun mes natural.

-A desobediencia grave ós superiores en materia de traballo, así como a falta do respecto debido, tanto ós mandos, como a compañeiros e usuarios.

-Aceptar, sen autorización por escrito da empresa, a custodia das chaves do fogar do usuario.

-A simulación de enfermidade ou accidente e non entrega-lo parte de baixa oficial dentro das corenta e oito horas seguintes á súa emisión, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

-O emprego de tempo, uniformes ou materiais da empresas en cuestións alleas ou en beneficio propio.

-Facer desaparecer uniformes ou materiais da empresa, así como propiedades do usuario.

-Non pór en coñecemento da empresa o antes posible, a non realización dun servicio ó usuario.

-A reincidencia na comisión de faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza dentro dun mesmo trimestre, cando mediasen sancións por estas.

c) Faltas moi graves.

-A falta de asistencia ó traballo non xustificada de máis de tres días nun mes ou máis de seis días nun período de tres meses.

-A falta de asistencia a tres reunións de coordinación, sen falta xustificada dentro dun mesmo semestre.

-Pór a outra persoa a realiza-los servicios sen autorización da empresa.

-A falsidade, deslealdade, fraude, o abuso de confianza e o furto ou roubo, tanto a compañeros de traballo, usuarios, ou á empresa, durante o desempeño das súas tarefas ou fóra delas.

-Realizar traballos por conta propia ou allea, estando en situación de incapacidade temporal, así como realizar manipulacións ou falsidades para prolonga-la dita incapacidade.

-A embriaguez ou toxicomanía reiterada durante o cumprimento do traballo que repercuta gravemente nel.

-Os malos tratos de palabra ou de obra a compañeiros, superiores, persoal ó seu cargo e usuarios.

-A participación directa ou indirecta na comisión dun delicto cualificado como tal polas leis penais, na prestación normal do servicio.

-Abandona-lo traballo sen causa xustificada.

-Rifas e pelexas cos seus compañeiros de traballo, mandos ou cos usuarios ós que presten o servicio.

-Competencia desleal.

-Esixir, pedir ou aceptar remuneración de terceiros.

-Acoso sexual.

-A reincidencia en falta grave no período de seis meses, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que mediase sanción.

Artigo 53º.-Sancións.

As sancións que poderán impoñerse en función da cualificación das faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo ata tres días.

-Desconto proporcional das retribucións correspondentes ó tempo real deixado de traballar por faltas de asistencia ou puntualidade non xustificadas.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de tres días a un mes.

-Desconto proporcional das retribucións correspondentes ó tempo real deixado de traballar por faltas de asistencia ou puntualidade non xustificadas.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo dun a tres meses.

-Despedimento.

Artigo 54º.-Tramitación e prescrición.

As sancións comunicaranse motivadamente e por escrito ó interesado para o seu coñecemento e efectos, dándose notificación ó comité de empresa ou delegados de persoal nas graves e moi graves.

É absolutamente indispensable a tramitación de expediente contradictorio para a imposición das sancións, calquera que fose a súa gravidade, cando se trate de membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais, tanto se se encontran en activo dos seus cargos sindicais como se aínda se encontran en período regulamentario de garantías.

As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte e as moi graves ós sesenta, a partir da data na cal se ten coñecemento, e en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Artigo 55º.-Infraccións da empresa.

Son infraccións laborais da empresa as accións ou omisións contrarias ás disposicións legais en materia de traballo, ó convenio colectivo, e demais normas de aplicación. Sancionarase a obstaculización ó exercicio das liberdades públicas e dos dereitos xudiciais.

Tramitaranse de acordo coa normativa vixente.

Capítulo XI

Artigo 56º.-Adscrición do persoal nas empresas de servicio de axuda a domicilio.

Co fin de mante-la estabilidade do persoal no emprego, consegui-la profesionalización do sector e evitar na medida do posible a proliferación de contenciosos, ámbalas partes acordan a seguinte regulación:

1º Ó termo da concesión dunha contrata o persoal adscrito á empresa saínte, na dita contrata, pasará a estar adscrito á nova empresa titular da contrata, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas que tivesen recoñecidos na súa anterior empresa, debendo entregar ó persoal, un documento no que se reflicta o recoñecemento dos dereitos da súa anterior empresa, con mención expresa polo menos á antigüidade e categoría, dentro dos trinta días seguintes á subrogación, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Persoal en activo que veñan prestando os seus servicios para a empresa saínte cunha antigüidade mínima de tres meses, sexa cal sexa a natureza ou modalidade do seu contrato de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e o persoal só se extingue no momento que se produza de dereito a súa subrogación á nova adxudicataria.

En caso de subrogación de representantes do persoal durante o seu mandato (tanto membros do comité de empresa, como delegados de persoal ou membros da sección sindical), a empresa entrante, respectará as garantías sindicais establecidas neste convenio e demais lexislación vixente.

Os delegados de persoal ou os membros do comité de empresa que fosen elixidos en proceso electoral referido ó centro obxecto de subrogación, manterán a súa condición de representantes do persoal para tódolos efectos na nova empresa concesionaria, sempre que o número total de representantes do persoal non exceda do que puidera corresponder polo cadro de persoal. No caso de discrepancia, acudirase á comisión paritaria.

Non desaparece o carácter vinculante deste artigo, no caso de que a empresa adxudicataria do servicio o suspendese por un período non superior a seis meses, sempre que se acredite que o servicio se reiniciase coa mesma ou outra empresa.

A empresa entrante e saínte respectará sempre o calendario vacacional, concedéndose o desfrute total do período de vacacións tal e como estea asignado no dito calendario e con independencia da parte proporcional de vacacións que se devengase en cada empresa.

Nos supostos que se produza a subrogación unha vez comezado o ano natural, a empresa entrante e a saínte realizarán as compensacións económicas necesarias para o cumprimento do anterior.

Caso de que non se producise acordo entre ámbalas empresas na compensación económica, a empresa no seo da cal se desfrutase o período vacacional completo descontará na nómina do traballador ou, se é o caso, na liquidación, a cantidade correspondente ó período devengado na outra empresa; a empresa no seo da cal non se desfruten vacacións aboará ó persoal, a parte proporcional de vacacións que lle corresponda, xunto coa liquidación ou na primeira nómina, segundo o caso.

Nos casos de falta de acordo, a empresa que non cotizase a Seguridade Social do período correspondente ás vacacións devengadas, virá obrigada a aboar á outra empresa a cantidade correspondente ás ditas cotizacións.

Da efectiva compensación económica entre as empresas entregarase copia á representación legal do persoal, á asociación empresarial e á comisión paritaria do convenio.

b) Persoal que no momento do cambio de titularidade da contrata, se encontren en suspensión do contrato con dereito de reincorporación (enfermos, accidentados, en excedencia, baixa maternal, etc ...) e que reúna con anterioridade á suspensión do seu contrato de traballo a antigüidade mínima establecida na alínea a).

c) Persoal que con contrato de substitución, suplan a algún do persoal mencionado nas alíneas a) e b).

d) Persoal de novo ingreso que por esixencias da empresa ou entidade contratante se incorporasen ó centro, como consecuencia da ampliación do contrato dentro dos noventa últimos días.

A empresa cesante deberá comunicar ó persoal afectado a perda da adxudicación dos servicios, así como o nome da nova empresa adxudicataria, tan pronto teña coñecemento das ditas circunstancias.

2º Tódolos supostos anteriormente recollidos deberá acreditalos de maneira que faga fe e documentalmente, pola empresa saínte á empresa entrante no prazo de tres días hábiles a partir do momento da subrogación mediante a documentación seguinte:

a) Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento das cotas da Seguridade Social, así como unha declaración xurada da empresa saínte neste sentido.

b) Certificación na que se faga constar, en relación á totalidade do persoal do cadro a subroga-lo seguinte:

-Apelidos e nome.

-DNI.

-Domicilio.

-Nº da Seguridade Social.

-Tipo de contrato.

-Antigüidade.

-Xornada e horario.

-Data de desfrute das vacacións.

-Conceptos retributivos non incluídos en convenio.

-Outras condicións e pactos.

c) Fotocopias das nóminas, TC1 e TC2, dos últimos tres meses da totalidade do persoal que se vai subrogar.

d) Fotocopia dos contratos de traballo.

e) Documentación acreditativa da situación de excedencias, incapacidade transitoria, baixa maternal, interinidade ou substitución análoga do persoal que encontrándose en tal situación, deben de ser adscritos á nova adxudicataria do servicio.

O persoal percibirá da empresa cesante a liquidación dos haberes, partes proporcionais de gratificacións que lle puidese corresponder.

O mecanismo de subrogación, definido neste artigo, operará automaticamente con independencia do tipo de personalidade da empresa de que se trate xa sexa física, xurídica ou de calquera clase.

A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula empresa ou entidade pública cesante e nova adxudicataria.

Artigo 57º.-Acoso sexual.

Prevención e sanción do acoso sexual no ámbito laboral.

O acoso sexual no traballo e toda conducta verbal ou física, de natureza sexual, desenvolvida no ámbito da organización e dirección dunha empresa, ou en relación ou como consecuencia dunha relación de traballo, realizada polo traballador que sabe ou debe saber que é ofensiva e non desexada para a víctima, ou que determina unha situación que afecta ó emprego e ás condicións de traballo e que crea un ambiente no ámbito laboral ofensivo, hostil, intimidatorio e humillante.

1. Tódolos traballadores serán tratados coa dignidade que corresponde á persoa e sen discriminación por razón de sexo; non se permitirá o acoso sexual nin as ofensas baseadas no sexo, tanto físicas como verbais.

En calquera caso, tales situacións se tratarán coa máxima discreción.

2. De acordo coa Recomendación da CE 92 (131), relativa á protección da dignidade do home ou a muller no traballo, a empresa comprométese a garantir un ambiente laboral exento de acoso sexual, sendo a súa obriga previr estas situacións e sancionalas cando sucedan.

Artigo 58º.-Dereitos lingüísticos.

Os traballadores e traballadoras teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral profesional en lingua galega, vasca ou catalana e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo.

No seo da empresa a dirección e os representantes dos traballadores fomentarán o uso da lingua galega,

vasca ou catalana nas actividades internas e nas súas relacións co usuarios, administracións públicas e entidades privadas radicada en Galicia, País Vasco ou Cataluña, de feito que a lingua galega, vasca ou catalana sexa o instrumento de comunicación habitual da empresa cos seus interlocutores internos (traballadores, directivos, etc.) e externos (usuarios, clientes, institucións públicas e privadas, provedores, etc.) que coñezan o galego, vasco ou catalán.

A documentación e mailas comunicacións que a empresa emita en relación cos traballadores (convocatorias, nóminas, liquidacións, etc.) estarán redactadas en lingua galega, vasca, catalana.

Capítulo XII

Artigo 59º.-Código deontolóxico e segredo profesional.

Non existe, no noso país, ningún documento oficial que defina especificamente os dereitos e obrigas dos auxiliares de axuda a domicilio salvo, claro está, o que determina o Estatuto dos traballadores ou os convenios específicos de cada empresa ou institución en materia de dereitos e obrigas laborais, pero se carece dun código de ética profesional dos auxiliares de axuda a domicilio.

Un código deontolóxico, de calquera sector profesional, debe ser elaborado polos mesmos profesionais que integran esa profesión e no colectivo que nos ocupa, aínda que é unha profesión que leva arredor de 15 anos instaurada no noso país, as diferencias entre unhas comunidades e outras e a falta de existencia dunha formación regrada, dificultan a existencia dun documento consensuado pola maioría dos representantes desta profesión, onde se expoñan os dereitos e obrigas.

Dereitos.

-Dispoñer dun medio laboral digno que lle permita exerce-la súa profesión nas mellores condicións técnicas, humanas e de saúde posibles. A todo auxiliar de axuda a domicilio a organización para a que traballa debe proporcionarlle revisións médicas periódicas e as vacinas preventivas necesarias.

-Estar integrados nun medio laboral interdisciplinario, onde existan posibilidades reais de supervisión, valoración e seguimento dos casos.

-Dispoñer dun plan de traballo que parta dunha verdadeira análise de necesidades, cuns obxectivos claramente definidos e a priorización das actividades que se van realizar.

-Recibir unha formación continua e/ou reciclaxe naqueles coñecementos, técnicas e ferramentas que lle permitan prestar unha verdadeira axuda profesional.

Deberes.

-Calidade moral. É imprescindible que unha persoa que se dedique á axuda a domicilio teña unha calidade moral xa que moitos usuarios non estarán capacitados para controlar aspectos da súa vida dia

ria, facéndose o auxiliar responsable tanto dos coidados persoais como dos seus bens materiais.

-Responsabilidade das tarefas que implica a súa profesión, sendo conscientes da importancia que para o usuario ten a continuidade persoal do auxiliar, evitando sempre que sexa posible as faltas ou impuntualidades. A diferencia doutras profesións, na axuda a domicilio, o absentismo laboral ten importantes repercusións, para intentar evitalas é imprescindibles articular estratexias que garantan o traspaso dos servicios dun profesional a outro. Así, se estes traspasos se realizan de maneira planificada (avisando ó usuario con antelación, explicando ó novo profesional as tarefas que hai que realizar e as particularidades do usuario) garantirase a continuidade nas accións emprendidas.

-Dar a cada núcleo familiar a mesma calidade de servicio, adaptando a súa intervención ás diferencias de raza, relixión, etnia ou ideoloxía política.

-Respecto á intimidade e á organización propia de cada familia, non criticar nin xulgar, aínda que non se compartan as situacións. A prestación do SAD implica o acceso ó espacio da intimidade, como é o fogar dos usuarios, estes teñen dereito a que non se revele nada do que alí se observa sen a súa autorización e se non é imprescindible para a súa correcta atención.

-Non debe observarse intencionalmente aquilo que non sexa substancial para a adecuada prestación do servicio. Obriga de non consultar, sen permiso do usuario, os documentos existentes no seu domicilio e de non escoita-las súas conversas telefónicas.

-Obriga de mante-lo segredo profesional. Calquera acontecemento que o auxiliar soubo no exercicio das súas funcións obrígao a unha discreción rigorosa en presencia de terceiras persoas, como tamén diante dos membros da familia que non ten coñecemento disto.

-Recoñece-los seus propios límites, os da súa profesión e os da organización para a que traballa. Ser conscientes e, facerllo chegar ó usuario, de que se forma parte dun servicio transitorio, tendente á prevención e educación, de forma que se eviten dependencias excesivas tanto do auxiliar cara ó usuario como do usuario ó auxiliar.

-O auxiliar de axuda a domicilio está obrigado a salvagarda-la súa vida privada da súa profesión.

-Obriga de coñecer e respecta-los obxectivos e a filosofía da organización para a que traballa, así como a tarefa concreta que ten encomendada. Así, en moitas ocasións ó auxiliar solicitaránselle por parte do usuario prestacións ou axudas que non se encontran recolidas no seu plan de traballo, para o cal o auxiliar terá que te-la suficiente capacidade profesional para conte-las demandas dos usuarios.

-Manter unha ética profesional que o obrigue a:

1. Non manifestarlles ós usuarios os posibles desacordos coa actuación doutros colegas.

2. Non utiliza-las relacións profesionais en beneficio dos seus propios intereses.

3. Absterse, na súa relación cos usuarios, de calquera forma de proselitismo ou manipulación tendente a que o usuario adopte as súas ideas.

Na práctica profesional do auxiliar de axuda a domicilio asúmense responsabilidades derivadas do seu propio rol profesional; podemos diferenciar dous tipos de responsabilidade intimamente relacionada:

1. Responsabilidade moral; aquela que obriga ante a propia conciencia sempre que se realicen os feitos de maneira consciente, libre e voluntaria.

2. Responsabilidade civil; aquela que obrigan os regulamentos e leis civís.

O segredo profesional é a obriga de oculta-la información que se obtivese durante o exercicio da profesión, non en van a intimidade é un dos valores máis apreciado do ser humano. As persoas sometidas ó segredo profesional son todos aqueles traballadores que pola súa profesión presten servicios persoais ou sexan confidentes necesarios. Cando se fai necesario compartir un segredo profesional co equipo de traballo fálase de segredo profesional compartido.

A información considerada secreta pode ser:

a) Segredo natural, aquela información a revelación da cal pode causar un dano inxusto; son segredos que veñen dados pola lei natural (defectos ocultos, intimidades persoais...)

b) Segredo prometido ou confiado, cando se dá a palabra ou se promete non revela-la información.

O auxiliar de axuda a domicilio estará obrigado a rompe-lo segredo profesional en situacións en que se poña en perigo a saúde pública ou a vida de terceiras persoas.

Disposición adicional

Tódolos conceptos económicos presentes neste convenio serán aboados sempre en función da xornada real do traballador. Os importes expresados son os correspondentes a un traballador en xornada completa.

ANEXO I

Táboas salariais

Salarios en euros

Ano 2002

CategoríasSalario base

x 14

Transporte

x 11

Rent.

anuais

Director xerente841,423512.164,88

Xefe de personal655,10309.501,40

Traballador social655,10309.501,40

Traballador social adxunto588,99308.575,86

Psicólogo655,10309.501,40

DUE655,10309.501,40

Auxiliar servicios sociais546,92307.986,88

Oficial administrativo558,94308.155,16

Auxiliar administrativo510,86307.482,04

Encargada de zona525,89307.692,46

CategoríasSalario base

x 14

Transporte

x 11

Rent.

anuais

Auxiliar de enfermería480,81307.061,34

Auxiliar axuda a domicilio480,81307.061,34

Axudante axuda domicilio456,76306.724,64

Lavandeiro456,76306.724,64

Perruqueiro456,76306.724,64

Teleoperador teleasistencia456,76306.724,64

Ano 2003

CategoríasSalario base

x 14

Transporte

x 11

Rent.

anuais

Director xerente1.009,706614.861,80

Xefe de personal681,306010.198,20

Traballador social681,306010.198,20

Traballador social adxunto618,44609.318,16

Psicólogo681,306010.198,20

DUE681,306010.198,20

Auxiliar servicios sociais574,27608.699,78

Oficial administrativo586,89608.876,46

Auxiliar administrativo536,40608.169,60

Encargada de zona552,18608.390,52

Auxiliar de enfermería504,85607.727,90

Auxiliar axuda a domicilio504,85607.727,90

Axudante axuda domicilio479,60457.209,40

Lavandeiro479,60457.209,40

Perruqueiro479,60457.209,40

Teleoperador teleasistencia479,60457.209,40

Ano 2004

CategoríasSalario base

x 14

Transporte

x 11

Rent.

anuais

Director xerente1.211,647517.787,96

Xefe de personal715,377510.840,18

Traballador social715,377510.840,18

Traballador social adxunto649,36759.916,04

Psicólogo715,377510.840,18

DUE715,377510.840,18

Auxiliar servicios sociais602,98759.266,72

Oficial administrativo616,23759.452,22

Auxiliar administrativo563,22758.710,08

Encargada de zona579,79758.942,06

Auxiliar de enfermería530,09758.246,26

Auxiliar axuda a domicilio530,09758.246,26

Axudante axuda domicilio503,58607.710,12

Lavandeiro503,58607.710,12

Perruqueiro503,58607.710,12

Teleoperador teleasistencia503,58607.710,12

Ano 2005

CategoríasSalario base

x 14

Transporte

x 11

Rent.

anuais

Director xerente1.332,809019.649,20

Xefe de persoal751,149011.505,96

Traballadora social751,149011.505,96

Traballador social adxunto681,839010.535,62

Psicólogo751,149011.505,96

DUE751,149011.505,96

Auxiliar servicios sociais633,13909.853,82

Oficial administrativo647,049010.048,56

Auxiliar administrativo591,38909.269,32

Encargada de zona608,78909.512,92

Auxiliar de enfermería556,59908.782,26

Auxiliar axuda a domicilio556,59908.782,26

CategoríasSalario base

x 14

Transporte

x 11

Rent.

anuais

Axudante axuda domicilio528,76758.227,64

Lavandeiro528,76758.227,64

Perruqueiro528,76758.227,64

Teleoperador teleasistencia528,76758.227,64