O Pleno do Concello, en sesión do 31 de xaneiro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle dunha unidade de actuación en Son de Abaixo, promovido por Construcciones y Promociones POMCAR, S.L.
De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 58, do día 12 de marzo de 2003, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.
Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde