1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 88/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza da Casa do Concello e da Casa da Xuventude de Verín.
b) Lugar da prestación: Verín.
c) Prazo da prestación do servicio: dous anos máis outros dous de prórroga.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 31.918,56 euros anuais.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento base de licitación.
Definitiva: 4% do orzamento da adxudicación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, nos eu caso.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín 32600. d) Teléfono: 41 03 34. e) Fax: 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o oitavo día natural (oito días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.
8. Presentación das proposicións:
a) Data límite de presentación: o oitavo día natural (oito días naturais) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.
c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).
d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.
e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre
que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.
9. Apertura das ofertas.
a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.
b) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións:
a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.
b) Aprobación expediente de contratación: Decreto do 10-3-2003.
c) Consulta documentación: oficina de información do Concello, situada na planta baixa da Casa do Concello. Tfno.: 988 41 00 00-1.
11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
Verín, 10 de marzo de 2003.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde