Negociado e subscrito o proxecto de convenio urbanístico entre Luis Rodríguez González, propietario dun predio na rúa Fondo da Rúa, e o Concello da Rúa, para a súa inclusión como solo urbano, cualificado parte como solo urbano non consolidado e parte como solo urbano consolidado no planeamento xeral, exponse ó público este proxecto na secretaría desta corporación xunto co expediente que se instrúe para o efecto, durante o prazo dun mes, para o seu exame e formulación das alegacións ou reclamacións que se coiden pertinentes.
A Rua de Valdeorras, 17 de febreiro de 2003.
José Vicente Solarat López
Alcalde