Aprobado inicialmente polo Pleno da corporación, en sesión que tivo lugar o día 17 de marzo de 2003,
o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal por cambio parcial de uso en SUB-RA3 e modificación do sector RA-48-2, en Guillar, neste municipio, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para efectos de alegacións, de conformidade co disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Outeiro de Rei, 17 de marzo de 2003.
José Pardo Lombao
Alcalde