De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 17 de marzo de 2003, aprobou definitivamente o Plan Parcial de Parcela Industrial promovido por Inoxidables de Rábade, S.A., en Matela, neste municipio.
Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñer-los recursos que seguen:
a) Potestativo de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen ambargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.
c) Calquera outro recurso que se considere procedente.
Outeiro de Rei, 17 de marzo de 2003.
José Pardo Lombao
Alcalde