Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.679

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (308/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda.

Certifico: que ante esta sección segunda, séguese rolo de apelación nº 308/2001, no que se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Apelación civil

A Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, constituída por Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, e os maxistrados Fernando Alañón Olmedo e Juan Manuel de los Ríos Sánchez, en substitución por desfrute da titular de licencia por enfermidade, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense, vintetrés de xaneiro de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, actuando como Tribunal Civil os autos de xuízo verbal civil procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Ourense, seguidos co número 570/2000, rolo de apelación nº 308/2001, nos que aparece, como parte apelante, Camila Fernández Caíña, representada pola procuradora dos tribunais María Gloria Sánchez Izquierdo e asistida polo letrado Miguel Besteiro Díaz, e como apelado, Cesáreo Crespo García, en situación procesual de rebeldía e a entidade Cía de Seguros Axa, representada pola procuradora dos tribunais María Jesús Santana Penín e asistido polo letrado Bernardino Menéndez Fernández, sobre reclamación de cantidade en tráfico. É maxistrado-relator Fernando Alañón Olmedo.

Dictamino, que estimando o recurso de apelación interposto pola procuradora dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación de Camila Fernández Caíña, contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Ourense, con data do 9 de febreiro de 2001, debemos revogar esta, e na súa virtude, estimando integramente a demanda formulada condénase solidariamente ós demandados Cesáreo Crespo García e a entidade aseguradora AXA para indemnizar á demandante en douscentos noventa e dous euros con cincuenta e nove céntimos (corenta e oito mil seiscentas oitenta e tres pesetas), cantidade que devengará un xuro legal incrementado nun 50% desde a data do accidente a cargo da aseguradora, con imposición ós demandados das custas da primeira instancia e sen impoñe-las do recurso.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da LOPX.

Así, pola nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, remitirase certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo,

mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia, Fernando Alañón Olmedo, Juan Manuel de los Ríos Sánchez.

Rubricados».

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación ó apelado que non compareceu Cesáreo Crespo García, expido e asino esta cédula, en Ourense o seis de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA