Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.679

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (219/2002).

Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, dá fe e testemuño de que na executoria 13/2003, dimanante do xuízo de faltas nº 219/2002, se acordou requirir a José Alexandre Maia Gonçalves para que no prazo de dez días contados a partir da notificación deste edicto aboe a multa que lle foi imposta de vinte días de multa cunha cota diaria de tres euros (3 euros), o que fai un total de sesenta euros (60 euros); coa responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas. Requíraselle, así mesmo, para que cumpra a orde de arredamento do domicilio, do lugar de traballo e daquel onde se encontre Manuela Dios Vilas, e de non comunicación con ela polo prazo de tres meses.

E para que conste e sirva de requirimento a José Alexandre Maia Gonçalvez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira o trece de febreiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado