Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.583

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Os concellos de Ourol e Muras, en sesións plenarias realizadas o día 26 de setembro de 2002, acordaron aprobar definitivamente a disolución da agrupación dos ditos concellos para sostemento da praza de secretaría-intervención.

Seguindo a tramitación correspondente, mediante o Decreto 138/2003, do 16 de xaneiro, da Xunta de Galicia, aprobouse a citada disolución que foi

publicada no DOG o día catro de febreiro de dous mil tres.

Así mesmo, por acordo adoptado polo pleno dos concellos de Ourol e Muras os días 13 e 30 de maio de 2002 respectivamente, acordouse solicitar a esta consellería a clasificación dos postos de traballo que corresponden a cada un dos concellos disoltos, en secretaría de clase terceira, estando a súa provisión reservada a funcionarios pertencentes á subescala de secretaría-intervención.

Para tal fin presentáronse certificacións acreditativas do número de habitantes dos municipios que corresponden a cada un dos municipios, así como a cantidade a que ascende cada orzamento, constatándose que efectivamente ningún dos municipios supera os límites establecidos no artigo 2 c) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, polo que poden clasificarse ambos postos como secretarías de clase terceira, reservadas a funcionarios pertencentes á subescala de secretaría-intervención.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 241 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e da Orde do 12 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias no secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, esta secretaría

DISPÓN:

Clasifica-los postos dos concellos de Ourol e Muras, reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional conforme a seguir se especifica:

Concello de Muras:

Posto: secretaría-intervención.

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Situación do posto: vacante.

Concello de Ourol:

Posto: secretaría-intervención.

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Situación do posto: cuberta co titular Alejandro Ramón Antelo Martínez.

Os postos deberán incluírse nos correspondentes cadros de persoal de cada concello.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tri

bunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 10.1º b) da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa 29/1998.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 12-2-2003)

Manuel Eduardo Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local