Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.529

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se publica a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados de mestres convocado por Orde do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 21 de outubro).

En aplicación do disposto na disposición trixésimo quinta do epígrafe VIII da Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG do 21 de outubro), esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados convocado pola orde que se cita, segundo os anexos da presente resolución. Publícase igualmente o anexo no que constan as modificacións da puntuación o aveiro do disposto no punto 2º do artigo 105 da Lei 30/1992.

Contra a presente resolución cabe reclamación, no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de

Galicia. Poderase, no mesmo prazo, presentar desestimento á participación no concurso, sempre e cando se participe con carácter voluntario, advertíndolles ós concursantes que o fan desde a situación de suprimidos que, de desistiren, no suposto de que na súa localidade ou zona se adxudique vacantes das especialidades que teñan acreditadas, decaerán no dereito preferente que teñen recoñecido.

Os que simultaneamente participan no concurso específico de orientación poderán igualmente presentar renuncia a un dos concursos, á súa opción, nos prazos sinalados no anterior parágrafo e na Orde do 22 de xaneiro de 2003 (DOG do 3 de febreiro).

Transcorrido o prazo, esta dirección xeral elevará a definitiva a adxudicación de destinos.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO II

Modificacións de oficio

Detectados erros nas puntuacións dos concursantes que de seguindo se relacionan, en aplicación do disposto no punto 2º do artigo 105 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, efectúanse as seguintes modificacións:

Delgado Alfaro, Mª Concepción.-No epígrafe A, onde constaba 5,0000, debe constar 30,0000 puntos.

Pazos Hermida, Mª Ángeles.-No epígrafe A, onde constaba 1,0000 puntos, debe constar 30,0000 puntos.

Rodríguez García, María del Carmen.-No epígrafe G.2. asígnanselle 2,2497 puntos e no G.3. 2,5000 puntos.

Rodríguez Garrido, Margarita.-No epígrafe G.2. asígnanselle 6,2499 puntos e no G.3. 0,5000 puntos.

Sampedro López, Mª Carmen.-No epígrafe G.3. asígnanselle 2,9510 puntos.

Seoane Seoane, Mª Elvira.-No epígrafe G.3. asígnanselle 2,9110 puntos.

Sierra Portabales, Jorge Alberto.-No epígrafe G.3. asígnanselle 0,3332 puntos.- Elimínase a puntuación do epígrafe G.4.

Varela Fernández, Mª Concepción.-No epígrafe G.5. asígnanselle 0,0600 puntos.

Vázquez Soengas, Inés.-No epígrafe G.2. asígnanselle 1,8330 puntos.

Vila Calvo, Sara.-No epígrafe A onde constaba 50,0000 puntos, debe constar 34,0000 puntos.

Vilariño Vázquez, Ondina.-Anúlanse as especialidades 36-60, validando as 37-61.

Villar Cuadrado Jesús.-No epígrafe E.2. asígnanselle 2,00 puntos, no F.2, 1,50 puntos e no G.1, 10,0000 puntos.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL