Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se fai pública a adxudicación de varios concursos abertos con tramitación urxente e como gasto anticipado para o ano 2003.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións

públicas, esta dirección xeral acordou publica-la adxudicación dos seguintes contratos:

1. Servicio de limpeza nos centros: IPMP de Vigo, EONP de Ribeira e IGAFA da Illa de Arousa para o ano 2003.

Entidade adxudicadora:

-Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

-Nº de expediente: 2002/12/1443.

Obxecto do contrato:

-Tipo de contrato: servicios.

-Descrición do obxecto: servicio de limpeza nos centros: IPMP de Vigo, EONP de Ribeira e IGAFA da Illa de Arousa para o ano 2003.

-Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia: nº 240, do 13 de decembro de 2002. Corrección de erros: DOG nº 245, do 20 de decembro de 2002.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: urxente (expediente anticipado de gasto).

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

-Importe total: 112.000 euros.

Adxudicación:

-Data: 20-2-2003.

-Contratista: Limpiezas Compostela, S.L.

-Nacionalidade: española.

-Importe da adxudicación: 98.484,00 euros.

2. Servicio de vixilancia no CIMA: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo e Centro de Investigacións Mariñas de Corón para o ano 2003.

Entidade adxudicadora:

-Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

-Nº de expediente: SXCIM-3-2003.

Obxecto do contrato:

-Tipo de contrato: servicios.

-Descrición do obxecto: Servicio de vixilancia no CIMA: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo e Centro de Investigacións Mariñas de Corón para o ano 2003.

-Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia: nº 239, do 12 de decembro de 2002.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: urxente (expediente anticipado de gasto).

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

-Importe total: 72.123 euros.

Adxudicación:

-Data: 30-12-2002.

-Contratista: Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L.

-Nacionalidade: española.

-Importe de adxudicación: 62.000 euros.

3. Subministración en réxime de aluguer de vehículos para ADELGA.

Entidade adxudicadora:

-Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

-Nº de expediente: 2002/12/1434.

Obxecto do contrato:

-Tipo de contrato: subministros.

-Descrición do obxecto: subministración en réxime de aluguer de 12 vehículos con destino a ADELGA.

-Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia: nº 236, do 9 de decembro de 2002.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: urxente (expediente anticipado de gasto).

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

-Importe total: 66.111 euros.

Adxudicación:

-Data: 30-12-2002.

-Contratista: Lease Plan Servicios, S.A.

-Nacionalidade: española.

-Importe de adxudicación: 61.850,18 euros.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL