Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria para a contratación dunha consultoría/asistencia para a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. (Referencia 2003-04-363).

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Referencia 2003-04-363.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto da consultoría/asistencia é a análise, deseño, codificación, implementación, mantemento e/ou instalación, configuración e administración de todos aqueles elementos e/ou instalacións harware e/ou software para a explotación en monoposto ou en rede que se requiran na xestión interna da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

b) Prazo de execución:

O prazo total de execución do traballo comprenderá desde o 15 de abril do ano 2003 ó 14 de abril de 2004. Dadas as características da asistencia solicitada, esta debe realizarse de forma continua e ininterrompida ó longo do período de duración desta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

O importe total ascende a noventa e tres mil euros (93.000 A), dos que sesenta e cinco mil oitocentos setenta e cinco euros (65.875 A) corresponden á anualidade de 2003 e vintesete mil cento vintecinco euros (27.125 A) á anualidade de 2004 que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A640.0 dos orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2003.

5. Garantía provisoria:

A garantía provisoria por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación ascende a 1.860 A, constituída nalguna das formas que prevé o artigo 35 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información: poderán retira-la no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88, en horas de oficina, ou ben a través da páxina web: www.xunta.es/contratacion ou www.sxid.org.

7. Variantes: non se admiten variantes.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade o exisido no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio