Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación do PERI U.A. 3 Casás (expediente 4330/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do 7 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución e funcionamento da xunta de compensación do polígono único delimitado para a execución do PERI U.A. 3 Casás (expediente 4330/401), presentado con data 27 de marzo de 2002 no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo pola mercantil Construcciones Mopelo, S.L., actuando como comisión xestora, coas rectificacións que se derivan das observacións que se conteñan na parte expositiva do presente acordo.

Segundo.-Requírase da comisión xestora a práctica nos estatutos e bases das devanditas rectificacións con carácter previo á súa publicación.

Terceiro.-Sométase o expediente a información pública polo prazo de vinte días mediante inserción do anuncio no DOG, con notificación individual ós propietarios afectados e procédase á publicación do texto corrixido do proxecto de estatutos e bases no BOP».

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ó da publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que estimen pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo