Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO aberto para a contratación da reparación de carrocerías de vehículos propiedade do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parque Móbil. Nº de expediente: 1027/445.

2. Obxecto do contrato: descrición: reparación de carrocerías de vehículos inferiores a 3.500 kg.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: anos 2003 e 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento: 18.000 euros/ano.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Dta e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www. vigo.org

Vigo, 27 de febreiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde