Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de novo canil, refuxio municipal de animais en Zaramacedo (Bando).

Tipo de licitación: 387.486,99 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 12 meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2, teléfono 981 59 33 85.

Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 3 e 9, categoría d.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías.

Provisional: no se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar un acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcade