Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para contratación de subministración.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

Denominación da subministración: adquisición de xogos infantís para instalar nos colexios públicos e parques do concello de Ribeira.

Duración: un (1) mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento:

Prezo base de licitación: 93.310,40 euros (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 1.866,20 euros.

Definitiva: 4% do prezo en que resulte adxudicado o contrato.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello, nº 1, Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.

Teléfono: 981 83 54 17. Extensión 214.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o prego de condicións.

Documentación: a esixida no prego de condicións.

9. Apertura das ofertas:

Lugar: salón de sesións da Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos:

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 14 de marzo de 2003.

José Luis Torres Colomer

Alcalde